CATRO GALEGAS NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA XERACIÓN 2007

Catro xogadoras galegas forman parte da convocatoria da Xeración 2007, realizada para participar que nas Xornadas de Tecnificación Nacional que se celebrarán no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada do 18 e o 24 de xullo.

As convocadas son Naihara Costas (BM Cangas), Iria Augusto (BM Cangas), Uxía Fernández (BM Cangas) e Antía Fernández (UB Lavadores), que entrou no último instante en substitución de Iria Benaches, do BM Porriño. Todas elas terán a oportunidade de compartir estes adestramentos coas mellores xogadoras a nivel estatal baixo a batuta da seleccionadora Cristina Cabeza.

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria completa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.