COMEZA A COPA DA RAÍÑA PARA CDEC LAVADORES E CONSERVAS ORBE PORRIÑO

Comeza a Copa da Raíña esta fin de semana coa participación de dous equipos galegos: Conservas Orbe BM Porriño e CdeC Lavadores. Será a primeira rolda desta competición e cada equipo enfronta esta eliminatoria a partido único de forma diferente. Para o Lavadores é un soño, mentres que o Porriño necesita avanzar.

O CdeC BM Lavadores xogará en casa, ante o seu público, o sábado 26 de outubro (20:00 horas) contra un conxunto da Liga Guerreras Iberdrola, o Balonmano Salud Tenerife. A priori, pola diferencia de categoría, o favorito é o conxunto visitante, pero as viguesas loitarán con todas as súas armas para dar a sorpresa.

O adestrador local, Anxo Otero, explicounos que o Tenerife, pese a ser un equipo recentemente ascendido, é dos máis complicados que lles podían tocar: “É un equipo dun nivel moi alto, o rival máis duro que nos podía tocar no sorteo. Aínda que é un equipo ascendido, está moi ben reforzado, e penso que ten  equipo para competir de media táboa para arriba. Sabemos que é un partido super complicado, que será moi difícil, pero nós temos moita ilusión e gañas”. Esta será a primeira vez que o Lavadores xoga a Copa: “Será unha experiencia moi bonita disputar unha eliminatoria da Copa da Raíña, algo histórico para o noso club e para moitos de nós”. Anxo pensa que para ganar teñen que xuntarse varios factores, pero o que asegura é que “imos intentalo, competir dende o principio. Se sae un partido perfecto e elas non teñen o seu día, podemos aproveitar o cansazo, porque veñen de xogar contra o Bera Bera o mércores (23:40), a viaxe, que veñan relaxadas… o que está claro é que imos competir sempre”. Ademais haberá un bonito reencontro. Co Tenerife ven Irene, ex porteira do conxunto vigués, á que tanto o club como as súas ex compañeiras lle desexan o mellor, “a partir da Copa”.

O Conservas Orbe BM Porriño volve ter un largo desprazamento, agora en Copa, e viaxa ata Benidorm co obxectivo de superar esta fase (sábado 26, ás 16:30 horas). Así de claro fala o adestrador Ismael Martínez: “A Copa significa moitísimo para nos, é un obxectivo moi ambicioso que temos este ano e o partido de Benidorm é a chave que nos abriría a posibilidade de seguir pelexando para poder estar na fase final e facer cousas bonitas”, afirmou. Martínez recorda que co recorte da División de Honra Feminina, agora formada por 12 equipos, a Copa medra en interese: “Coa Liga que temos, se nos quedamos fóra da Copa, sería un calendario moi curto e o que queremos é competir, así que hai que seguir”.

Sobre o rival, o BM Servigroup Benidorm de División de Honra Prata, Isma destacou que é un bo equipo a pesar de que non comezou excesivamente ben a Liga: “Tivo un calendario complicado, pero é un bo equipo. Podemos destacar a María Mulet e María Cardona en primeira liña, ben acompañadas nos extremos por Carmen Campos e Verónica Fernández. Pero por riba de todos destaca o bloque. É un equipo batallador, que defende ben cun 6:0 e coas cousas claras en ataque”, manifestou o preparador. Así, a clave estará en “defender moi forte, estar moi xuntas, roubar balóns e correr. Debemos intentar explotar el partido por aí”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *