COMEZA A LOITA POLO ASCENSO Á DIVISIÓN DE HONRA GALEGA INFANTIL E CADETE MASCULINA E FEMININA E XUVENIL MASCULINA

Esta fin de semana (6, 7 e 8 de setembro) comeza a tempada coa celebración das eliminatorias de ascenso á División de Honra Galega das categorías cadete e infantil masculina e feminina e xuvenil masculina. En total serán cinco categorías, vinte grupos e catorce sedes diferentes, e moita emoción e nervios entre as e os participantes, que se xogan o ascenso.

Infantil masculino

En infantil masculina contamos con 18 equipos e seis grupos diferentes. O grupo I xogarase en Lalín, mentres que o II será na Coruña organizado polo OAR, o III terá lugar en Bueu. Tui acollerá o grupo IV, mentres que o V disputarase en Abegondo e o VI en Chapela. O primeiro clasificado de cada un dos grupos acadará o ascenso de categoría.

Infantil feminino

Nesta categoría contamos con once equipos e tres grupos, que se disputarán en Salceda, A Guarda e O Grove. Lograrán o ascenso os conxuntos clasificados no primeiro e segundo lugar de cada grupo.

Cadete masculino

Disputarán este play-off 13 equipos divididos en cinco grupos con sede en A Coruña, O Rosal, Lavadores, Lalín e Bueu. Xogarán na División de Honra os equipos clasificados en primeiro lugar de cada un dos CINCO sectores e o mellor segundo.

Cadete feminino

Nesta categoría hai sete participantes que se dividirán en dous grupos. O primeiro celebrase en Ourense (organizado polo Pabellón) e o segundo terá lugar no Lalín Arena (organizado polo BM Lalín). Acadarán o ascenso os equipos clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar de cada un sectores.

Xuvenil masculino

O play-off xuvenil masculino está dividido en catro grupos e contará coa participación dun total de 14 clubs. O grupo I xogarase no Grove (organizado polo Rasoeiro), o II terá lugar en Pontevedra (organizado polo Teucro); o III en Cangas (Luceros) e o IV celebrarase na Coruña (OAR). Acadarán o ascenso o primeiro clasificado de cada un dos CATRO sectores e os dous mellores segundos.

Nestes enlaces podedes ver o calendario, horarios, resultados e clasificacións de todas as categorías

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *