A vindeira fin de semana comeza a segunda fase da Liga Prata das categorías cadete feminino e xuvenil masculino, despois dunha primeira fase axustada.
Cadete feminina
A primeira fase contaba con dous grupos de 10 e 12 equipos, que xogaron una competición a unha volta de todos contra todos. O grupo B chegou á última xornada desta primeira fase con moita emoción xa que cinco equipos estaban en dous puntos e loitando por catro prazas. Ademais houbo un choque directo en busca da clasificación: Ferreterías Molares Carballal B -Teucro Clínica Veteris, que finalizou con vitoria do conxunto pontevedrés por só un gol, así que emoción ata o final.
Nesta segunda fase o primeiro grupo está formado por dez equipos (os cinco primeiros clasificados do cada un dos grupos da primeira fase), que será o que loite polo título. O gañador da Liga Prata xogará a eliminatoria a partido único na súa casa contra o 5º/6º clasificado da Liga Ouro, co obxectivo de clasificarse para a Final Four.
Na seguinte ligazón tedes o calendario desta segunda fase da Liga Prata Cadete feminina.
Xuvenil masculino
Tamén comezará esta fin de semana a segunda fase da Liga Prata Xuvenil masculina. Neste caso a Liga estará dividida en tres grupos, e o primeiro, formado por 6 equipos, loitará por xogar a eliminatoria para disputar a Final Four.
Na seguinte ligazón tedes o calendario desta segunda fase no grupo 1, no que participan AD Carballal, Teucro AYF Corredurías, Talleres J. Varela BM Cañiza, BM Apartamentos Turisviveiro, BM Culleredo Óptica Gallaecia e Cisne Colegio Los Sauces B.