COMEZAN OS CUARTOS DA COPA GALICIA MASCULINA

Hoxe 21 de agosto comezan a disputarse os cuartos de final da Copa Galicia masculina, co partido Luceros – Frigoríficos do Morrazo (20:00 horas, O Gatañal).

O día 24 de agosto (18:30 horas) xogarase o choque Carnes do Ribeiro – Cisne Colegio Los Sauces en O Consello, mentres que o 26 de agosto (21:00 horas) en Coia enfrontaranse Magope Seis do Nadal e Rodosa BM Chapela. Queda por pechar a data para o partido Embutidos Lalinense – Condes de Albarei Teucro.

Nos seguintes enlaces tedes os resultados dos oitavos de final, que se celebraron ao longo da pasada semana, e os cruces dos cuartos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *