Queridos pais, nais, titores/as;
Lamentamos comunicar que debido á delicada situación sanitaria que estamos a vivir, provocada pola Covid 19, a Real Federación Española de Balonmano ven de anunciar o aprazamento do Campionato de España de Seleccións Territoriais que estaba previsto do 3 ao 8 de xaneiro de 2022 en Murcia.
Dende a Federación Galega de Balonmán lamentamos profundamente comunicar esta decisión e sobre todo que se faga con tan pouco tempo de reacción para todos/as os/as que xa realizastes reservas de transporte e aloxamento; pero consideramos que nestes momentos é o máis sensato e responsable, xa que o contexto no que se celebra este
evento non depende unicamente de nós nin do noso protocolo.
Isto non para, tan só se apraza a celebración do CESA. Nos próximos días decidiranse as novas datas, pero tede claro que a intención é que o CESA 2022 se celebre antes de que remate a tempada.
Dende a Área Técnica da FGBm xa se está a traballar na nova programación para seguir preparando o campionato; nas vindeiras semanas trasladarémola a través dos clubs.
Por favor, todos aqueles que teñan problemas para que lle se reintegren os gastos relativos a reservas e desprazamentos ao CESA, se precisa axuda, que se poña en contacto con nós a través do enderezo electrónico info@fgbalonman.com.
Non queremos deixar pasar a ocasión sen desexarvos un Bo Nadal a todos/as e por suposto agradecervos o gran esforzo que realizades para que o balonmán galego siga avanzando.
Atentamente,
A Xunta Directiva da Federación Galega de Balonmán
Debes ser identificado introducir un comentario.