No día de hoxe, a Secretaría Xeral Para o Deporte publicou o protocolo coa metodoloxía a seguir polas federacións deportivas galegas para o establecemento das medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.
A Federación Galega de Balonmán está a traballar nos protocolos para o retorno á actividade, aínda que a día de hoxe, coa normativa vixente non está permitido o contacto físico, o cal implica unha incompatibilidade total coa práctica da nosa modalidade na forma á que viñamos acostumados/as. Nos vindeiros días, dende a Federación Galega de Balonmán trataremos de propoñer alternativas para poder seguir coa promoción da práctica do balonmán. É momento de reinventarnos mentres non poidamos voltar á normalidade.
Os adestramentos individuais e colectivos, sempre e cando cumpran a normativa vixente na nosa Autonomía, poderían levarse a cabo: máximo 25 persoas mantendo a distancia de seguridade interpersoal, é dicir, sen contacto físico, etc…
A Federación Galega de Balonmán irá informando aos clubs de todos os avances que se realicen dentro do proceso de desescalada e das medidas que se vaian adoptando para facilitar a volta á actividade; mentres tanto pedimos cautela: debemos dar pasos firmes para avanzar.
Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?
Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?
Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?
Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?
Yeah bookmaking this wasn’t a bad conclusion outstanding post! .