Conservas Orbe Rubensa BM Porriño e Frigoríficos do Morrazo BM Cangas revalidaron hoxe no Gatañal o título de campións da Supercopa Galicia. Foi unha xornada de festa do balonmán galego con grandes partidos, moita emoción e un fantástico ambiente nas bancadas.
SUPERCOPA GALICIA FEMININA
Mecalia Atlético Guardés, 20 – 24, Conservas Orbe Rubensa BM Porriño
20. Mecalia Atlético Guardés: África Sempere (3), Sandra Margarida Marques (7), Giselle Beatriz, Miriam Sempere, Cristina Cifuentes (1), Patricia Lima (4), Carla Gómez, María Sancha (3), Marisol Carratu, Daniela Moreno (1), Yaiza Alonso, Aroa Fernández (1).
24. Conservas Orbe Rubensa BM Porriño: María Groba, Carolina Bono (2), Micaela Casasola (3), Ithaisa Trigo, Alicia Campo, Malena Vallés (5), Fátima Ayelen, Estela Carrera, Maider Barros (2), Paulina Pérez (4), Carmen Prelchi (4), Thais Adrielle (1), Carme Castro (1), Marta Groba (2), Begoña Otero.
Árbitros: Pablo Torreiro e Sergio Murillo. Excluíron dous minutos a África Sempere, Cristina Cifuentes (2) e Daniela Moreno, polo Guardés e as xogadoras do Porriño Carolina Bono, Micaela Casasola e Paulina Pérez.
Parciais: 1-2, 2-4, 4-6, 7-7, 8-9, 9-11 (descanso), 10-15, 13-16, 13-18, 15-20, 17-23, 20-24 (final).
Incidencias: Final da SuperCopa Galicia feminina, disputada no Pavillón do Gatañal, cun excepcional ambiente nas bancadas. Carmen Prelchi (BM Porriño) foi elixida mellor xogadora do partido.
O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño superou ao Mecalia Atlético Guardés nun partido marcado polas ausencias e polo cansazo acumulado no caso do conxunto da Guarda.
O Guardés viña de xogar dous amigables o venres e o sábado en León e iso, cun plantel diezmado polas baixas, foi decisivo, xa que Abel González non tiña apenas posibilidade de dar descanso ao seu sete inicial. O Porriño, tamén con ausencias, sen embargo estaba máis descansado e o aspecto físico foi decisivo. Iso si, o Porriño saíu ben e logrou abrir unha pequena brecha no marcador dende o inicio (1-4, min. 8), pero o Guardés, co impulso da súa afección na bancada remontou para igualar (7-7, min. 20). O tramo final desta primeira parte estivo igualado, pero a falta de oito segundos Micaela Casasola logrou ampliar a distancia a dous tantos (9-11).
O arranque da segunda metade foi decisiva, xa que o equipo de Ismael Martínez logrou irse de cinco tantos (15-20, min. 48) e xa o Guardés nin tiña posibilidades de resposta física e Abel González tirou da xuvenil Aroa Fernández e de Yaiza Alonso, que este ano terá ficha con Cañiza, filial do Guardés, para dar descansos ás súas xogadoras. Así, segundo título consecutivo para o conxunto do Porriño.
SUPERCOPA GALICIA MASCULINA
Frigoríficos do Morrazo, 35 – 34, Cisne Colegio Los Sauces
35. Frigoríficos do Morrazo: Javi Díaz, Moisés Simes (10), Rubén Soliño (1), Juan Carlos Quintas, Gabi Chaparro, Doforean, Mario Dorado (7), Gerard Forns, Juan del Arco (5), Santiago López (3), Jenilson Monteiro (3), Lucas Aizén (6).
34. Cisne Colegio Los Sauces: Bruno Vázquez (5), Carlos Álvarez (5), Alex Chan (8), Carlos Morales, Martín Santos (4), Javier Vázquez, Gabriel de Oliveira (3), Iván Calvo, Kilian Garajonay, Carlos Pombo (5), Denis Iglesias (1), Alejandro Conde, Daniel López, Mateo Arias (3), Marko Ojeda, Roney Bengivenga.
Árbitros: Pablo Manuel Barreiro y Christian García. Excluíron dous minutos a Moisés Simes (2), Juan Carlos Quintas, Mario Dorado e Juan del Arco (Frigoríficos do Morrazo) e Alex Chan, Martín Santos, Gabriel de Oliveira, Iván Calvo (2) e Alejandro Conde, polo Cisne.
Parciais: 3-2, 6-7, 10-12, 13-13, 15-17, 18-19 (descanso), 20-21, 23-26, 26-27, 28-28, 32-30, 35-34 (final).
Incidencias: Final da SuperCopa Galicia masculina, celebrada no Gatañal. Magnífica entrada. Brais González (BM Cangas), MVP da final.
Fantástica final a vivida no Gatañal entre Frigoríficos do Morrazo e Cisne Colegio Los Sauces. Ambos conxuntos querían a Supercopa e iso veuse reflectido na intensidade que se viviu na pista de xogo. Nun final agónico, o Frigoríficos do Morrazo logrou o triunfo despois de facer unha boa remontada na segunda parte.
O partido foi un intercambio de golpes. Comezou o Cangas cun parcial de 3-0, pero enseguida remontou o Cisne para poñerse por diante e obrigar a Nacho Moyano a pedir tempo morto para frealos (6-8, min. 11). Así continuou o choque, co Cisne chegando a irse de tres antes do descanso (14-17, min. 24), pero o conxunto local, co apoio da Marea, recortou distancias para quedar a só un tanto no descanso (18-19).
A segunda metade comezou con moitos erros no pase en ambos conxuntos, pero cun Cisne más efectivo, o que lle permitir seguir por diante no marcador nos primeiros minutos (24-27, min. 42). Pero nos minutos finais, o conxunto local, co apoio da grada, comezou a remontada e chegaron aos cinco últimos minutos tres tantos arriba (33-30, min. 55). Pero tamén o final foi tolo e con moitos piques. O Cisne apertou ata o último suspiro, roubando o balón a falta dun segundo, pero sen tempo para lanzar. Frigoríficos do Morrazo, campión da Supercopa de Galicia por segundo ano consecutivo.
Thank you for your sharing. I am worried that I lack creative ideas. It is your article that makes me full of hope. Thank you. But, I have a question, can you help me?