CONVOCADOS DOUS NOVOS CURSOS DE ADESTRADOR/A NIVEL 0 E 1

Dende a Federación Galega de Balonmán seguimos traballando na formación. Así, acabamos de convocar dous novos cursos (nivel 0 e 1) e todas as persoas interesadas nos mesmos poden xa inscribirse no apartado de +Formación desta páxina web.

Curso nivel 0

O curso de nivel 0 (formador/a) permitirá ao alumnado obter a titulación para poder adestrar nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, a nivel autonómico. Este curso vai dirixido principalmente a personas que están vinculadas a clubs e que queren colaborar adestrando a un equipo dos máis pequenos/as.

A formación será totalmente on-line e o número total de horas lectivas (teóricas e prácticas) será de 60. O número mínimo de alumnos/as por curso será de 20 persoas e cando se alcance este aforo comezará o curso. Tedes toda a información ao respecto no seguinte enlace, onde tamén poderedes realizar a preinscrición.

Curso nivel 1

O curso de nivel 1 (monitor/a) ofrecerá a todas aquelas persoas que o superen unha titulación que lles permitirá adestrar nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete a nivel autonómico. Como no caso anterior, comezará a formación cando se alcance un mínimo de 20 alumnos/as.

A totalidade do curso realizarase de forma on-line, incluso as tutorías, e a carga total lectiva será de 270 horas. O prezo da inscrición será de 150 euros e no seguinte enlace tedes toda a información ao respecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *