CONVOCATORIA ELECCIÓNS A MEMBROS/AS DA ASEMBLEA XERAL, PRESIDENTE/A E COMISIÓN DELEGADA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN 2022

De acordo co DECRETO 171/2021, do 23 de decembro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, a Federación Galega de Balonmán aprobou na súa Asemblea Xeral Extraordinaria do 13 de maio de 2022 o regulamento electoral para a elección de membros/as á Asemblea Xeral, á Presidencia e á Comisión Delegada da federación e o calendario electoral estimado do proceso electoral 2022-2025.

O 31 de maio de 2022,  a Secretaría Xeral Para o Deporte, aprobou o regulamento electoral para a elección a membros/as da Asemblea Xeral, Presidente/a e Comisión Delegada da Federación Galega de Balonmán e o calendario electoral, aprobado pola Asemblea Xeral Extraordinaria do 13 de maio de 2022.

Por todo o exposto, D. Bruno López Molina, en calidade de presidente da Federación Galega de Balonmán,

RESOLVE

A disolución da actual Xunta Directiva  e a convocatoria oficial de eleccións  a membros/as á Asemblea Xeral, á Presidencia e á Comisión Delegada da Federación Galega de Balonmán.

Debes ser identificado introducir un comentario.