DEPOESCOLAS

DepoEscolas é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar. As Escolas de Balonmán comenzaron en 2007 e durante estes dezaseis anos non deixaron de medrar. Milleiros de nenos e nenas tiveron a aportunidade de achegarse ao balonmán grazas as Escolas da Deputación de Pontevedra.

Destinatarios. A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida. As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar, entre 6 e 14 anos, de toda a provincia de Pontevedra.

Nas seguintes ligazóns tedes o formulario de inscrición e o listado de todas as escolas existentes, cos datos de contacto de cada unha de elas no caso de ter algunha dúbida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *