DOUS TRIUNFOS, UN EMPATE E TRES DERROTAS NA PRIMEIRA XORNADA DO CESA 2022

Dúas vitorias, un empate e tres derrotas. Este é o balance das nosas seleccións na primeira xornada do CESA 2022, un día no que os nervios pesaron en exceso. Venceron as dúas seleccións infantís, empatou a xuvenil masculina e caeron de forma clara os combinados da categoría cadete e a selección xuvenil feminina.

Infantil feminina. Galicia, 13 – Comunidade Valenciana, 12

13. Galicia: Yanet Rodríguez, Uxía Crespo (1), Gabriela Martíns (2), Eva González, Lara Moure, Candela Martínez (1), Daniela Suárez (1), Lía Salvado (3), Goretti Carballal, Iria López (3), Leire González, Celia Pérez (2), Adriana Barreiro, Ana Pol, Leire Martínez, Aldara Porrija.

12. Comunidade Valenciana: Elena Blasco, Carla López, Laura Albal (1), Laura Muñoz (1), Erika Vladu, Vega Ramírez (2), Claudia Rodríguez (1), Andrea Pérez (1), Daniela Aguado (5), Rebeca Secades, Inés Corrales, Aitana Hernández (1), Nekal Anguix, Andrea Palomero.

Árbitras: Marta Saborido e Eva Sánchez. Excluíron dous minutos a Uxía Crespo, Lara Moure, Candela Martínez, Celia Pérez, Adriana Barreiro, por Galicia e a Vega Ramírez, por Valencia.

Parciais: 1-2, 1-4, 3-5, 4-6, 8-7 (descanso), 8-9, 9-10, 10-11, 12-11, 13-12 (final).

Incidencias: Primeira xornada do grupo B do CESA 2022.

Importantísima vitoria da selección galega infantil feminina, que se impuxo nun partido moi loitado e disputado á Comunidade Valenciana. E iso que as nosas minigalaicas saíron un pouco nerviosas o que se veu reflectido en moitas perdas de balón en ataque e na desvantaxe no marcador (1-4, min. 10). Pero a medida que avanzaba o partido, Galicia comezou a mostrarse máis segura. Con accións individuais foron atopando portería e a defensa seguiu funcionando a gran nivel para ir recuperando pouco a pouco e chegar ao descanso un gol arriba (8-7).

Na segunda metade, Galicia foi mellor, aínda que iso non se vía reflectido no marcador, que seguía tremendamente igualado. En portería, Yanet estivo espectacular, ben acompañada pola súa defensa e en ataque, poucos goles. Galicia logrou poñerse por diante a falta de minuto e medio e a última posesión de Valencia finalizou cun disparo que detivo a nosa porteira.

E así chegou un triunfo que achega á Galicia un pasiño cara ao seu obxectivo de pasar á seguinte fase.

Mañá, Galicia-Canarias (11:15 horas).

Infantil masculina. Galicia, 25: 21, Asturias

25. Galicia: Rubén Costas, Xoel Rodríguez, Adrián Nogueira, Xoel Lago, Xoel Malfaz, Marcos Varela (1), Iago Castro (1), Mateo Martínez (7), Pablo Pazos (2), Roque Díaz, Roque Estévez (5), Jorge Outón (1), Jaime Serrano (2), Mateo López (4), Nicolás Cancela (2), Borja García.

21. Asturias: Carlos Carracedo, Alberto Rodero, Jorge Granda, Edgar Fernández (6), Manuel Nieto, Javier Meéndez, Pablo González, Samuel Rougeot (1), Jorge Martínez (3), Igor Fernández (4), Hugo Toral (4), Diego Fernández (2), Padro Fernández, Yoel Camoira, Sergio López, Lucas Alonso (1).

Árbitros: Jonathan Montero y Sergio Fernández, que excluíron dous minutos a Nicolás Cancela (Galicia) e Jorge Martínez (Asturias).

Parciais: 2-1, 4-3, 6-3, 9-6, 13-7 (descanso), 15-9, 17-11, 20-15, 23-17, 25-21 (final)

Incidencias: Primeira xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Infantil Masculina.

Fantástico partido da selección galega infantil masculina que superou na cancha a Asturias en todos os aspectos. Galicia fixo un partido moi completo, cunha gran portería e unha fantástica defensa, chea de intensidade e anticipación; pero tamén brillou en ataque, onde tivo paciencia e buscou sempre a mellor opción para o disparo final.

A primeira metade do conxunto dirixido por Adrián Menduíña foi case perfecto e iso veuse reflectido no marcador ao descanso (13-7). A segunda parte comezou tamén dunha forma excepcional para os galegos que sempre dominaron con tranquilidade, a pesar de que o porteiro asturiano comezou a lucirse con grandes paradas. Pero Galicia seguiu xogando con tranquilidade, confiando no seu traballo e así chegou aos minutos finais cunha cómoda vantaxe. Só no tramo final, co partido decidido, puido Asturias recortar un pouco as distancias, pero o partido tivo sempre cor galego.

Mañá, Galicia-Euskadi (09:30 horas)

Cadete feminina. Andalucía, 27:22, Galicia

27. Andalucía: Carmen Fidalgo (1), María Beltrán, Lucía Jiménez, Sábado Mendy (4), Marta Recordán (7), Belén Rodríguez (7), Lucía Martínez (2), Susana Victoria Castañeda, Elena Torres (3), Ana Rocío Falcón, Mar García (1), Marta García, Inés Moreno, Mónica Piñeira (2), Azahara Artero, Lena Rodríguez.

22. Galicia: Irene Ríos, Paula Diéguez, Adriana Rial (4), Alejandra Montenegro (1), María Baz, Nerea Patiño (7), Irene Romero, Naihara Costas (1), Ainé Roca, Lucía Castiñeira (2), Uxía Fernández (2), Inés Bernárdez (1), Iria Augusto (2), Sara Pereira (2), Ángela Portela, Iria Benaches.

Árbitras: Nuria Martos e Lara Martínez. Excluiron dous minutos a Lucía Jiménez, Marta Regordán e Marta García (Andalucía) e a Alejandra Montenegro e Lucía Castiñeira, por Galicia.

Parciais: 3-2, 5-4, 8-5, 9-7, 11-9, 12-13 (descanso), 17-14, 18-17, 21-18, 23-18, 25-19, 27-22 (final)

Incidencias: Primeira xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Cadete Feminina.

A selección galega cadete feminina caeu derrotada ante Andalucía, nun partido no que as galegas estiveron a bo nivel durante a primeira metade, pero cinco minutos moi malos das nosas na segunda parte, permitiu ás andaluzas escaparse e pechar o partido.

O choque comezou igualado, aínda que as galaicas estaban un pouco nerviosas e se lles atascou a defensa 5:1 do rival. Iso si, o traballo defensivo do conxunto galego era moi bo e así, se mantiveron no encontro.

A medida que avanzaban os minutos, Galicia ía atopándose mellor, tanto en defensa como en ataque, e así lograron chegar ao descanso un gol arriba (12:13).

No reinicio, a Galicia custoulle entrar no partido e isto foi aproveitado polo rival para poñerse diante no marcador, e comezaron os problemas para as nosas, que non estaban cómodas. Aínda así, estaban no partido, a dous ou tres goles, pero a partir do minuto 45, varias perdas de balón en ataque e lanzamentos errados, aumentaron a distancia a 6 e o remataron as opcións para as galegas, que pese a todo loitaron ata o final.

Mañá, Navarra-Galicia (11:15 horas)

Cadete masculina. Andalucía, 33:24, Galicia

33. Andalucía: Mario Rodríguez, Mario Miranda (1), Rodrigo Sepúlveda (3), Francisco Javier López (2), Alejandro Las Heras (1), Alfonso Rodríguez (5), Josñe Luis Castilla (4), Alonso Cañizarez (1), Alejandro Gómez, Daniel Vaca (3), Luis Juárez (6), Alberto periñán, Mario Gallardo (4), Víctor Barderas (1), Carlos Conchillo (2), Manuel Amaya.

24. Galicia: David Failde, Pedro Fernández-Couto (1), Yago López (2), Pablo Veiga, Brais Martínez (1), Sergio Munín, Roi González, Eloy Domínguez, Yago Raimúndez (2), Xoán Fernández (7), Manuel Hernández, Samuel Seijas (7), Asier Vázquez, Adrián Rey (2), Manuel Lorenzo (2), Nico Giráldez.

Árbitros: Pablo San Emeterio e Javier Ariño. Excluiron dous minutos a Alejandro Las Heras, Alfonso Rodríguez, José Luis Castilla e Daniel Vaca (Andalucía) e a Pablo Fernández-Couto (2) e Manuel Lorenzo, por Galicia.

Parciais: 2-1, 5-4, 7-4, 8-6, 11-10, 15-11 (descanso), 18-13, 22-14, 26-18, 27-21, 30-23, 33-24 (final)

Incidencias: Primeira xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Cadete Masculina.

Partido estraño o da selección galega cadete masculina, que competiu a bo nivel na primeira metade, para afundirse por completo na segunda parte.

Nos primeiros 25 minutos o choque estivo parello, entre dous grandes equipos, pero daba a sensación de que Galicia tiña algo máis dentro. No minuto 25, 11-10 no marcador. Pero xa os últimos cinco minutos foron bastante malos do equipo dirixido por César Armán, e permitiron irse a Andalucía ao descanso catro goles arriba (15-11). O reinicio foi malo. Mentres que Andalucía saíu enchufada, Galicia carecía de intensidade e o partido se lles foi. No minuto 40, xa estaban oito abaixo e sen posibilidade de reacción.

Agora toca aprender dos erros para corrixir e pensar xa en mañá, partido clave.

Galicia-Cataluña (13:00 horas)

Xuvenil feminina.  Comunidade Valencia, 28:19, Galicia

28. C. Valenciana: Sabina, Sofía Peral, Paula Agulló (2), Claudia Moreno (3), Carla Gallego, Nuria Cardona, Eider Poles (9), Estela Ballesteros (2), María Carrillo (3), Marta Cuenca (1), Ana Vela, Vanessa Rubio (2), Belén García (1), María José Gimeno (1), María Cobo (3), Claudia Juan (1).

19. Galicia: Lara García, Carla Vidal (3), Nerea Arias, Lucía Méndez (5), Lorena Vaello, Alba Afonso (3), Ángela Vilaboa (4), Eva Rodríguez, Lucía Álvarez, Mara González, Aroa Fernández, Noelia Solla (3), Mencía Lorenzo, Carla Baltasar, Yaiza Alonso (1), Tania Gómez.

Árbitros: Albert Pérez e Daniel Toro. Excluíron dous minutos a Sofia Peral, Nuria Cardona, Eider Poles; vanessa Rubio, Belén García, Claudia Juan (2), por Valencia e as galegas Nerea Arias e Carla Baltasar.

Parciais: 3-1, 5-4, 6-4, 9-7, 11-7, 14-9 (descanso), 18-9, 19-11, 20-13, 23-14, 26-18, 28-19 (final)

Incidencias: Primeira xornada do CESA, grupo B do Campionato de España Xuvenil Feminino.

A selección galega xuvenil feminina caeu derrotada de forma clara no seu debut no CESA ante a potente Comunidade Valenciana. Nos primeiros minutos o partido estivo bastante nivelado, a pesar das numerosas perdas de balón e incluso dos sete metros errados ante a internacional Sabina. Valencia  dominaba con pequenas distancias, que se abriron no tramo final, aproveitando eses erros non forzados de Galicia. Ao descanso 14-9.

O inicio da segunda metade foi decisivo, xa que cun parcial de 3-0. Valencia logrou poñerse a un distancia xa insalvable, a pesar de que as galegas loitaron todo o partido, pero con moitas imprecisións e falta de acerto en ataque.

Mañá, Aragón-Galicia (16:00 horas)

Xuvenil masculina. Galicia, 28:28, Andalucía

28. Galicia: Mateo Pallas, Abián Rodríguez, Eduardo Alonso (1), Martín Fuentes (3), José Manuel Meira, Iago Iglesias, Pablo Gándara, Manu Pérez (11), Martín González (1), Julián García (1), Juan Rodríguez (2), Marko Ojeda (6), Carlos Ocaña (3), Sergio Blond, Nuno Loxo.

28. Andalucía: David Rodríguez, Alejandro Díaz (4), Jesús Arca (8), José Moguel (1), Martín Pacheco (1), David Mejías, Francisco Vázquez, Alejandro Díaz, Jorge Sánchez, Adrián Hidalgo (2), Víctor Morales (6), José Manuel Rodríguez (4), Javier Castilla (1), Antonio Cabello, Ignacio Pérez, Eduardo Escobedo (1).

Árbitros: Jorge López e José Luis Hernández. Excluiron dous minutos a Martín Fuentes, Martín González e Carlos Ocaña (Galicia) e aos andaluces Jorge Sánchez (2) e José Manuel Rodríguez.

Parciais: 3-1, 6-2, 8-4, 10-6, 11-8, 13-13 (descanso), 14-14, 17-16, 17-19, 22-21, 26-23, 28-28 (final)

Incidencias: Primeira xornada do CESA, grupo B do Campionato de España categoría Xuvenil Masculina.

A selección galega xuvenil masculina acadou un empate no seu debut no CESA ante Andalucía, un empate cun sabor agridoce, porque a falta de menos de trinta segundos o partido parecía gañado, ao ter Galicia a posesión do balón, un gol de vantaxe e superioridade numérica.

Unha das preocupacións do corpo técnico dirixido por Fernando Vázquez era o feito de que non puideron adestrar todos xuntos durante a preparación do CESA, pero a realidade foi que o combinado galego saíu moi ben e enseguida, cunha gran defensa, abriu distancias no marcador. Iso si, faltou continuidade, e no tramo final Andalucía soubo superar a boa liña defensiva galega. Desta forma, a pesar de que Galicia chegou a mandar por catro goles, alcanzouse o descanso con empate no marcador (13-13). A segunda metade, aínda tivo máis variantes. Comezou o partido igualado e así estivo durante dez minutos, pero Andalucía apertou moito e logrou escaparse tres tantos arriba. Galicia cambiou de defensa e conseguiu cun parcial de 5:0 para darlle a volta ao marcador e volver a mandar (23:21, min. 50). Así avanzaron os dez últimos minutos con Galicia por diante no marcador. E chegou a xogada clave do partido, na que os nervios pesaron e moito sobre os rapaces de Fernando Vázquez, que con posesión, un xogador máis e só 24 segundos por diante, perderon a bola e permitiron o empate de Andalucía. Aínda houbo tempo para un ataque de Galicia, pero detivo o meta rival. Agora so queda pensar no que se fixo ben e en gañar a Navarra mañá.

Mañá, Galicia-Navarra (13:00 horas)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *