DÚAS DERROTAS E DÚAS VITORIAS PARA OS NOSOS EQUIPOS NA ASOBAL E LIGA IBERDROLA

Fin de semana intenso para os equipos galegos que militan nas máximas categorías do balonmán español. Vitorias de Dicsa Modular Cisne e Atlético Guardés e derrotas de Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Conservas Orbe Rubensa Porriño.

Na Asobal gozamos dun derbi histórico. Por vez primeira enfrontáronse na máxima categoría do balonmán estatal Frigoríficos do Morrazo e Dicsa Modular Cisne con triunfo para os pontevedreses, que asaltaron O Gatañal  (26-33) . Os homes de Jabato fixeron un moi bo traballo, o que lles permitiu ir por diante no marcador durante boa parte do partido, aínda que con distancias curtas no marcador, grazas a batalla do conxunto do Morrazo. Pero nos últimos dez minutos, as distancias, o Cisne logrou marcharse no marcador para conseguir a primeira vitoria na Asobal.

Liga Iberdrola

Esta fin de semana tamén comezou a Liga Iberdrola para Conservas Orbe Rubensa BM Porriño e Atlético Guardés, con resultados ben diferentes. O Guardés gañou na casa con comodidade, mentres que o Porriño caeu en Xixón.

O Conserbas Orbe Rubensa fixo unha moi boa primeira metade e así o chegaron ao descanso con empate no marcador. Pero os cinco primeiros minutos trala reanudación foron decisivos, cun Liberbank moi enchufado e en Porriño desconectado tanto en ataque como en defensa. As locais lograron abrir brecha no marcador e as rapazas de Ismael Martínez xa non puideron recuperar (30-24).

Pola súa banda, o Guardés foi unha apisoadora para o recentemente ascendido Lanzarote-Porto do Carmen. As rapazas dirixidas por Ignacio Prades sentenciou na primeira metade, na que acadaron un avultado parcial (24-7), que deixaba todo decidido. A segunda parte foi un trámite para as guardesas, (38-13) que xogaron a porta pechada ao aumentar a Xunta as restriccións na Guarda pola situación epidemiolóxica da COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *