CANGAS E CULLEREDO SON SEDES DE FASES ESTATAIS DA CATEGORÍA INFANTIL

Esta fin de semana (11, 12 e 13 de xuño) celébranse as fases estatais da categoría infantil (masculina e feminina) e dúas delas terán lugar en Galicia (Cangas e Culleredo). En total son seis os equipos galegos que participarán nestes sectores e que tratarán de meterse na fase final do Campionato de España.

Categoría feminina

Son tres os equipos galegos presentes: Tecnosat BM Cangas, BM Rodeiro Cooperativa O Rodo e UB Lavadores.

O grupo A celebrarase en Cangas do Morrazo, coa participación de Tecnosat Balonmán Cangas (1º Galicia), BM Gijón (1º Asturias), BM Sanse (3º Madrid) e Aula Valladolid (2º Castela e León).

O sector B disputarase en Pamplona e contará cos seguintes clubs: Anaitasuna ‘A’ (1º Navarra), Handbol Sant Joan Despí ‘A’ (4º Cataluña), Rodeiro Cooperativa O Rodo (2º Galicia) e Hand Vall Valladolid (1º Castela e León).

E rematamos co Sector E (Ciudad Real), no que participan Prado Marianistas (2º Castela a Mancha), EMD Aceuchal (1º Extremadura), UB Lavadores (3º Galicia) e Montequinto Mosa Peugeot (3º Andalucía).

Categoría masculina

Culleredo acollerá o Sector A coa participación de Balonmán Culleredo (1º Galicia) , Abanca Ademar León Maristas (3º Castela e León), BM Sanse (3º Madrid) e Finetwork Gijón (1º Asturias).

No Sector B, que se xogará en Pamplona, os clubs participantes son Anaitasuna ‘A’ (1º Navarra), BM Buen Pastor (2º Aragón), Garaysa Xiria (2º Galicia) e BM Delicias (2º Castela e León)

E rematamos co sector D (Zaragoza), onde o Abegondo F40 (3º Galicia) enfrontarase a  BM Dominicos (1º Aragón), Barça ‘A’ (2º Cataluña) e BM Maristas Algemesí (2º Comunidade Valenciana).

Moita sorte a todos os nosos equipos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *