O SÁBADO 27 DE MAIO CELEBRARASE NO GATAÑAL A FINAL FOUR ALEVÍN 7 DAS LIGAS OURO E PRATA

Hoxe tivo lugar no Concello de Cangas do Morrazo a presentación da Final Four da categoría Alevín 7 Ligas Ouro e Prata, que se vai celebrar o sábado 27 de maio no Gatañal.

No acto estiveron presentes a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas; a vicepresidenta da  FGBm, Carla Abad; o presidente do Club Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, Alberto González, e o presidente do BM Luceros, Óscar Fernández.

Victoria Portas destacou que estes eventos dos máis pequenos son “un aliciente para o Concello, porque van xerar base e afección, e iso é moi importante”. Neste mesmo sentido, expresouse Carla Abad, quen agradeceu o apoio do Concello e do BM Cangas e destacou que “este club, ademais do equipo de elite, fai un gran traballo na base e proba diso é que entre os oito equipos finalistas hai tres do Cangas”.

E por último, Óscar Fernández e Alberto González explicaron que “o obxectivo é que os nenos e nenas vivan un ambiente igual que os maiores”.

A Final Four Alevín 7 das Ligas Ouro e Prata reunirán no Gatañal a oito equipos (4 por Liga) en busco do título de campións. Na Liga Ouro participan SAR Rodavigo, SAR A Nos Atún, Luceros A e Garaysa Xiria, mentres que na Prata xogarán o Culleredo Ascor Consulting, BM Tui Academia EIS, Apartamentos Rodeiramar Cangas e BM Cangas A.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *