ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRANSE AS FINAL FOUR PRATA XUVENIL MASCULINA E INFANTIL FEMININA

Seguimos con fases finais das competicións galegas. Esta fin de semana celébranse as Final Four Prata das categorías xuvenil masculina e infantil feminina.

A Final Four da Liga Prata Xuvenil Masculina celebrarase os días 8 e 9 de maio no Lalín Arena de Lalín, coa participación de Carpintería Jar Lalín, Balonmán Cangas, Acanor Novás Valinox e Bm Culleredo Bermúdez Ulloa. O sábado celebraranse as semifinais: O partido BM Cangas-Acanor Novás Valinox xogarase ás 12:00 horas e o choque BM Culleredo Bermúdez Ulloa-Carpintería Jar Lalín comezará ás 16:15 horas. O domingo terán lugar a loita pola terceira praza (16:30 horas) e a final (18:30 horas). E non podemos esquecernos da parte arbitral! Andrea Cabaleiro será a delegada federativa en Lalín e dirixirán os partidos as e os colexiados José María García e Diego Rivera; Alfonso Canitrot e Cristina Olleros, Diego Rivera e Ignacio Álvarez e Marcos Pérez e César Carballo.

A Final Four da Liga Prata Infantil Feminina disputarase o día 8 de maio no Pavillón La Bombonera de Redondela. A competición celebrarase na súa totalidade o sábado, disputándose as semifinais pola mañá (SAR Ledisson A- EDM Salceda, ás 10:00 horas e BM Culleredo Canosa Abogacía-SAR Ledisson B, ás 11:45). Pola tarde, a loita pola terceira praza xogarase ás 16:00 horas e a final ás 17:30 horas. Tamén aquí haberá delegado federativo que será Víctor Rivera. Os e as árbitras nesta Final Four serán: Silvia Vázquez e Marta González; Andrea Martínez e Catalina Adao; Carlos Alonso e Marta González.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *