O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS INICIA MAÑÁ EN VALLADOLID A BUSCA DAS SEMIFINAIS DA CHALLENGUE CUP

Cita histórica para o Mecalia Atlético Guardés. O conxunto da Guarda está a facer unha gran campaña e segue vivo nas tres competicións en curso. Mañá inicia un paso que pode significar unha nova páxina na súa historia. E para iso as rapazas dirixidas por Prades irán acompañadas por máis de cen afeccionados que non se queren perder este partido e contribuir dende a bancada cos seus ánimos.

o Mecalia xogará mañá (12:00 horas) contra o Aula Alimentos de Valladolid o partido de ida dos cuartos de final da Challengue Cup. Esta é a sétima vez que o Guardés xoga competición europea e tamén é a segunda vez que alcanza os cuartos de final da Challengue Cup. Así que hai que superar hitos.

As galegas están a vivir un calendario moi cargado, pero cheo de ilusión tal e como nos contou a capitana África Sempere. «Temos moitas ganas, creo que estamos a facer unha gran tempada, con moitas frontes abertas e iso motívanos. Todos os partidos afrontámolos como unha final. Está sendo unha Liga moi igualada e somos consciente de que cada punto vale ouro».

Guardés e Aula xogarán tres partidos en quince días. O primeiro, correspondente á Liga, foi a semana pasada cunha vitoria clara para as galegas (29-21). África está convencida de que será un partido moi distinto: «Todos os partidos son diferentes. Elas na casa fanse moi fortes, é outra competición , e eso motiva máis . Ambos teremos unha nova oportunidade e seguro que vai ser moi rifado.

Coñecerse tanto e xogar tantas veces seguidas ten as súas cousas boas e outras malas. «Ten as súas vantaxes e inconvenientes. É bo que teñamos moita información delas e o desprazamento é cómodo. Pero ao final hai que ser moi precisos en todo, se queremos seguir acadando bos resultados. Na súa casa creo que vai ser máis complicado.»

Moita sorte para as nosas Guerreiras!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *