SORTEO COPA GALICIA MASCULINA

Hoxe tamén tivo lugar o sorteo da Copa Galicia masculina, que se celebrará ao longo do mes de agosto coa participación dos equipos de ASOBAL, Prata e Primeira Nacional. Os oitavos de final celebraranse do 12 ao 16 de agosto, mentres que os cuartos terán lugar do 19 ao 23. A fase final (semifinais e final) aínda non ten sede, pero está prevista para o 31 de agosto e 1 de setembro.

Os cruces de oitavos, que se disputarán na casa do equipo de menor categoría, son os seguintes:

Granitos Ibéricos AD Carballal – Frigoríficos do Morrazo BM Cangas

Luceros- Calvo Xiria

Rodosa BM Chapela – Construcciones Castro UB Lavadores

Magope Seis do Nadal Coia – Acanor Atlético Novás

SD Teucro B Colexio San Narciso – Cisne Colexio Os Sauces

Bueu Atlético – Carnes do Ribeiro

OAR Coruña – Embutidos Lalinense

BM Cañiza Seaplast – Condes de Albarei SD Teucro

No enlace tedes o sorteo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *