CONCENTRACIÓNS DAS SELECCIÓNS GALEGAS

O Campionato de España de Seleccións Territoriais está cada vez más preto e as nosas seleccións aceleran o traballo de preparación. Esta fin de semana, que conta co Ponte do Pilar, vai ser o momento idóneo para que as seleccións infantil (masculina e feminina), cadete (masculina e feminina) e xuvenil masculina realicen unha concentración (11 e 12 de outubro) no colexio San Narciso de Marín. Pola súa banda, a selección xuvenil feminina adestrará o domingo 10 en Redondela.

Todos os xogadores e xogadoras adestrarán coa MÁSCARA OFICIAL. Os/as xogadores/as que estén concentrados luns e martes terán que pasar un TEST-COVID á chegada da concentración. Achégase documento de AUTORIZACIÓN paterna/materna/titores que deberá entregarse á chegada ao primeiro adestramento xunto co DNI en vigor e TARXETA SANITARIA (sen estes documentos non poderán adestrar). Achégase tamén documento de AUTORIZACIÓN paterna/materna/titores para a realización dunha proba de recoñecemento médico (proxecto prevención de lesións).

1 Comment to “ CONCENTRACIÓNS DAS SELECCIÓNS GALEGAS”

  1. sulmqkmare dice:

    Muchas gracias. ?Como puedo iniciar sesion?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *