ESCAPOUSE A MERECIDA MEDALLA DO CESA PARA A SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA

A selección galega cadete masculina quedou sen medalla no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria. Non subiu ao podio a pesar de ser o equipo máis consistente en todos os partidos, máis solvente e ser o único capaz de vencer a Cataluña, que ao final logrou proclamarse campioa de España. Hoxe volveu facer un gran partido, pese a desilusión de non entrar na final, e houbo momentos nos que parecía que o triunfo era seu, pero uns minutos de dúbidas en ataque, permitiron unha pequena renda a Madrid que foi suficiente. Na última xornada do Campionato venceron as seleccións cadete feminina e a xuvenil masculina.

Cadete masculino: Madrid, 33  – Galicia, 31

33. Madrid: Hugo Lorenzo, Jorge Ramírez (8), Alberto Donallo (3), José Blanco, Bruno Santísimo (6), Ignacio Feijoo (1), Ignacio Fernández (1), Nicolás Montejo, Javier López (1), Daniel Cáceres, Guillermo López (1), Alejandro Cañas (2), Marcos Cecilia, Alejandro Echevarria, David Rueda (5), Iker Aguilera (5).

31. Galicia: Martín Fuentes (8), Manuel Barreiro (2), Roberto Castro (2), Julián García, Manuel Pérez (5), Jorge López, Pablo Gándara (2), Jorge Domato (3), Rubén Sequeiros (2), Gael Blanco (2), José Manuel Meira (4), Sergio Blond, Nuno Loxo, Daniel Pérez, Adrián Pérez, Mateo Díaz (1).

Árbitros: José Alberto Romero e Enrique Javier Romero.

Parciais: 5-3, 7-6, 10-8, 12-11, 13-14, 15-17 (descanso), 18-18, 21-21, 25-22, 28-24, 29-26, 33-31 (final).

A selección cadete masculino regresa a casa sen a medalla que merecía polo xogo, a competitividade en todos os partidos e a súa coraxe. Hoxe perderon o bronce contra Madrid, nun choque moi axustado, que se decidiu por detalles, pero no que os homes de César Armán deixaron a alma ata o último segundo.

Non foi un partido sinxelo de afrontar. A sensación de que Galicia tiña que estar na final flotaba no ambiente e iso parece que se apreciaba na cancha.

Aos galegos lles custou entrar no partido. Madrid facía moi dano cos lanzamentos exteriores dos seus laterais e un xogo moi fluído, ao que sempre chegaba tarde a defensa galega nestes primeiros minutos. Afortunadamente, en ataque o equipo estaba fino, e o choque se mantiña igualado. Tras un tempo morto para axustar, Galicia foi quen de pechar a defensa na zona central e así, mantendo a enorme efectividade en ataque, os galegos chegaron ao descanso dous arriba (15-17).

No comezo da segunda parte, tres erros non forzado dos galegos, permitiulles aos madrileños entrar no partido e novamente Galicia non era quen de parar o ataque rival. Agora era o central quen máis dano facía, dándolle moita rapidez ao seu xogo posicional. Así lograron poñerse cinco arriba no minuto 52 (29-24.)

Pero esta Galicia non se rende nunca. César Armán cambiou á defensa individual para enxugar a distancia e esta presión en toda a cancha provocou moitos erros en Madrid, ben aproveitado polos nosos, que lograron poñerse a un tanto a falta de menos de dous minutos (31-30). Pero un último erro no lanzamento, dilapidou as últimas esperanzas galegas e o bronce foi para a selección madrileña.

Iso si, os xogadores galegos loitaron cada balón ata o final, coa coraxe e entrega que amosaron durante todo o Campionato, tal e como destacou o seu adestrador César Armán. Galicia, cuarta clasificada.

Cadete feminino: Galicia, 31 – Cataluña, 25

31. Galicia: Alba Afonso (4), Nerea Arias, Lucía Álvarez, Lorena Vaello (5), Lucía Méndez (4), Helena Sánchez (2), Aroa Fernández, Yaiza Alonso (1), Lucía Villamarín (4), Mara González, Marián Mera, Candela Franco, Athenea Barreiro (3), Carla Baltasar (6), Noelia Solla (2), Carolina González.

25. Cataluña: Ainoa Garrido, Berta Prat, Gemma Rodríguez, Carla González, Andrea Guerrero, Laia Roca, Anna Zarzuela, Martina López, Laia Lozano, Karla Alejandra Machado, Ester Somaza, Nona Genis, Elsa Calabria, Paula Simo, Mireia Pascual, Paula Pérez.

Árbitros: Pablo González e Javier Miranda.

Parciais: 3-4, 5-7, 7-9, 10-11, 13-12, 14-13 (descanso), 15-16, 19-17, 21-18, 25-19, 28-21, 31-25 (final)

O partido máis completo das cadetes, para despedirse cunha vitoria ante Cataluña e un quinto posto máis que merecido.

Hoxe si. As galegas puideron amosar a súa verdadeira valía para xogar un partido con poucos erros e unha gran defensa 5:1, que fixo sufrir moito ás catalás. O partido estivo moi nivelado na primeira metade, cunha gran seriedade defensiva (unha vez máis, a meta Mariam Mera desesperou ás rivais) e paciencia en ataque por parte das nosas. Ao descanso, 14-13 para Galicia. Na segunda metade, a defensa galega foi espectacular e iso propiciou moitas perdas de balón das catalás e rápidos contragolpes das nosas, que se veu reflectido no marcador (a máxima vantaxe foi de oito tantos). Ao final, 31-25 e gran satisfacción das rapazas de Pumar, que amosaron do que son capaces. Galicia, quinta clasificada.

Xuvenil feminino. Galicia, 23 – Euskadi, 29

23. Galicia: Lucía Afonso (2), Patricia Mallo, Sabela Miniño (2), Antía Estévez, Antía Seijo (3), María Currás, Adriana Mallo (8), Carme Castro (1), Marta da Silva, Area Martínez, Sara Román (1), Goretti Miguel (1), Laura Magdaleno (3), Anastasija Doder, Ithaisa Trigo (2), Adriana Ayude.

29. Euskadi: Ainhoa Larrañaga, Izaro Mújika (2), June Landa, Maddi Goñi (6), Ariane Blázquez (4), Nora Nieto, Laida Urbitarte (4), Maite Laraudogoitia, Anne Romero, Malen Morandeira (8), Maddi Usandizaga, Leize Zuluaga, Leire Arrizabalaga (4), Naia Macazaga (1), Naia Puigbo, Ana Arozamena.

Árbitros: Alejandro Lebrero e Javier Gil.

Parciais: 2-2, 4-2, 6-4, 6-6, 6-9, 9-12 (descanso), 15-19, 18-21, 18-24, 21-25, 23-29 (final).

A selección xuvenil feminina rematou o Campionato de España na sexta posición despois da derrota de hoxe ante Euskadi. O partido estivo moi igualado durante os primeiros vinte minutos, con Galicia por diante con pequenas vantaxes, pero no tramo final da primeira parte, as vascas lograron adiantarse para chegar ao descanso tres goles arriba. Na segunda metade, a pesar de que o conxunto dirixido por Carla Abad o intentou, non puideron darlle a volta ao resultado. Galicia, sexta clasificada.

Xuvenil masculino: Castela a Mancha, 34 – Galicia, 35

34. Castela a Mancha: Pablo Cano, Armando Arce (4), Javier Galán (2), Néstor Castro (2), Javier Chacón (7), Enrique Cruz, Santiago Simón (3), Marcos González (1), Adrián Mendoza (2), Alberto Luengo (2), José Luis Román (4), Guillermo Alcazar (1), Álvaro Nieto, Saúl Iglesias (1), Alberto Moranchel (3), Ricardo Ruiz (2).

35. Galicia: Pablo González, Mateo Arias, Carlos Álvarez, Diego Pérez (6), Javier Iglesias (11), Mario Cancela, Alejandro López (2), Jaime Leira (4), Adrián Bernárdez (3), Juan Enrique Lago (1), Alejandro Gómez (3), Sergio Álvarez (3),  José Manuel Chao, Javier Fernández, Román Arboleya, Daniel Virulegio (2).

Árbitros: Gabriel Folgoso e Jordan Súarez.

Parciais: 3-1, 6-5, 9-7, 12-10, 14-15, 16-19 (descanso), 20-22, 25-24, 27-27, 32-28, 33-31, 34-35 (final).

A selección galega xuvenil masculina logrou a sétima posición despois de vencer a Castela a Mancha nun partido sen intensidade que se decidiu nos instantes finais, cun parcial de 3-0 para os galegos.

Foi o partido típico no que pouco ou nada hai en xogo. Faltaba motivación e por tanto intensidade en todas as facetas do xogo. Apenas había defensa e sobraban erros, así tanto mandaba Galicia como Castela a Mancha. No minuto 50, Galicia estaba catro goles abaixo, pero foi remontando case sen darse conta. No minuto 57 colocouse a só un tanto (34-33) e os últimos minutos foron galegos, para conseguir a vitoria case sobre a bucina (34-35). Galicia, sétima.

Infantil feminino: Galicia, 15 – Euskadi, 21

15. Galicia: Adriana Rial, Alba Fernández, Sara Pereira (5), Lidia Sanda, Lucía Castiñeira (1), Yara Pacheco, Nerea Patiño (2), Shaila Fernández, Irene Ríos, Naihara Costas (1), Aine Roca, Irene Romero, Inés Bernárdez, Iria Augusto (2), Alejandra Montenegro (3), Leticia Santos (1).

21. Euskadi: Mara Rodríguez, Nahia Urbiola (6), Izaro Martiarena (1), Marene Agirre (1), Eider Polo, Izaro Saiz (1), Libe Arruabarrena, Irene Martínez, Maren Unanue (3), Ixone García (1), Carlota Marquínez (2), Martina Klaunzer (1), Lucía Pereda (3), Rosane Serrano (1), Miren Llorente (1), Maialen Olabarria.

Árbitros: Sergio Porrero e Carlos Campayo.

Parciais: 1-2, 1-5, 4-6, 5-6, 6-9(descanso),  9-12, 10-14, 14-16, 15-18, 15-21 (final).

As infantís remataron oitavas no campionato, ao non poder superar á selección de Euskadi, nun partido moi igualado ata o tramo final do choque. As galegas estiveron metidas no partido ata o minuto 15 da segunda metade, cando varias perdas de balón e exclusións foron decisivas para pechar o triunfo a favor de Euskadi.

Así, rematou o CESA para as minigalaicas que fixeron unha fase de grupos espectacular e que se foron afundido tras quedar eliminadas nos cuartos. Galicia, oitava no campionato.

Infantil masculino. Galicia, 18 – Castela a Mancha, 24

18. Galicia: Xurxo Fraga (1), Brais Cangado, Pablo Veiga (4), Samuel Seijas, Xulio Fernández (1), Lucas Jiménez, Yago Raimúndez (1), Xoan Fernández, Mauro Lago (6), Erik Vázquez, Juan Ramón Villar (1), Alex Alonso (1), Manuel Lorenzo (3), Nicolás Giráldez, David Failde.

24. Castela a Mancha: Luis Cañadilla, Eduardo Martínez (2), Héctor Chicano, Marcos Fis (3), Óscar Calzado (4), Hugo Galán (1), Rodrigo Zarco, Gonzalo Astilleros, Ismael Galindo, Guillermo García-Uvero (3), José María Martín-Ventas (2), Jorge Blanco, Adrián Trancón (6), Alejandro Moranchel, (3) Miguel Gómez, Carlos Muñoz.

Árbitros: Anibal Diego Montes e Mikel Elvira.

Parciais: 0-2, 2-4, 3-6, 3-10, 6-13 (descanso),  8-15, 8-16, 12-18, 16-22, 18-24 (final).

Como durante todo o campionato, a selección galega infantil volveu cometer moitos erros no lanzamento e iso lles penalizou en todos os partidos. Hoxe nos primeiros 20 minutos so puideron marcar tres goles, e aínda que despois melloraron, era unha mochila moi pesadas as costas. Na segunda metade, estiveron máis entonados, pero imposible remontar. Galicia, oitava no campionato.

255 Comments to “ ESCAPOUSE A MERECIDA MEDALLA DO CESA PARA A SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA”

  1. Interacting with perth locanto women online is a wonderful experience.

  2. Der Kontakt mit interessanten reife huren online ist einer inspirierenden Austausch.

  3. Elke interactie met boeiende sexoma in de digitale wereld wordt een verrijkende ontmoeting.

  4. Jede Unterhaltung mit interessanten sie sucht sex in sachsen über das Netz bereichert auf einzigartige Weise.

  5. Die Interaktion mit reizvollen sex in speyer in der digitalen Welt wird immer eine aufregende Erfahrung.

Debes ser identificado introducir un comentario.