ESTA FIN DE SEMANA PODEREMOS COÑECER AOS CAMPIÓNS GALEGOS DAS CATEGORÍAS INFANTIL FEMININA, CADETE MASCULINA E FEMININA E XUVENIL MASCULINA E FEMININA

Esta fin de semana pode ser decisiva en cinco categorías: Dependendo dos resultados, hai moitas posibilidades de que coñezamos aos campións galegos das ligas ouro de infantil feminina, cadete masculina e feminina e xuvenil masculina e feminina.

Infantil feminina

Tecnosat BM Cangas chega á xornada 15 con 26 puntos e seis de vantaxe sobre o Nordata Xiria. En caso de vitoria das canguesas en casa ante a SAR Rodavigo, o título será para elas, sen importar o resultado do Xiria, que xogará contra o Carballal. En caso de tropezón do Cangas (que leva trece vitorias e so unha derrota), habería que mirar de reollo o que pasou no Vila de Noia.

Cadete masculina

Nesta categoría esta fin de semana vai disputarse a xornada 15 de 18. Encabeza a clasificación o BM Culleredo Sweepend con 28 puntos, seis de vantaxe sobre o Grupo Lemaco Xiria A (22). No caso de que o Culleredo gañe en Pontevedra ao Cisne Colegio Los Sauces, proclamarase campión de Liga sen ter que mirar o que fai o Xiria, que xogará en Carballo contra o Carballal, xa que lle levaría 6 puntos a falta de tres xornadas e ten o gol-average particular a favor. En caso de empate ou derrota do Culleredo, todo dependería do resultado do Xiria.

Cadete feminina

Nesta ocasión o líder depende do que faga o segundo clasificado para acadar o título. Lidera a clasificación o Salón Avilés BM Cangas con pleno de triunfos (28 puntos en 14 xornadas). A continuación está o Ferretería Molares Carballal A, con 24 puntos. Desta forma, o Cangas necesitaría vencer o seu partido contra a SAR Rodavigo A e esperar a derrota do Carballal, que xogará en Porriño. No caso de que se produzan ambos resultados, o BM Cangas proclamaríase campión de Liga a falta de tres xornadas para o remate do campionato, con seis puntos de vantaxe e o gol-average a favor.

Xuvenil masculina

A xornada 17 ofreceranos un partido no cumio entre os dous equipos que loitan polo título. O líder é o Buenas Migas Luceros, con 32 puntos, que visitará a cancha do BM Porriño, segundo clasificado con 28. Desta forma, o Luceros proclamarase campión galego se gaña, empate ou perde por menos de tres goles.

Xuvenil feminina

A categoría xuvenil feminina tamén disputa a xornada 17 de 18 da competición. O Calfrima Carballal lidera a categoría con 30 puntos e catro de vantaxe sobre o Escayolas Miguel Santos BM Cangas. A falta de dúas xornadas, o título aínda non se decidiu xa que en caso de empate a puntos entre ambos conxuntos o gol-average é favorable para as canguesas.

O conxunto vigués xogará en casa contra a SAR Rodavigo e será campión en caso de vitoria ou empate, sen mirar o que pasa no Polvorín, onde o BM Cangas xogará contra o Serfis BM Cañiza.

Así, imos estar moi pendentes de todo o que pasa esta fin de semana!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *