A tempada galega de balonmán praia remata esta fin de semana coa celebración da gran fase final en Baiona. O concello do Val Miñor, despois de ser o organizador da apertura da competición, volve a acoller aos mellores clubs da comunidade para a clausura do Campionato.

A competición comezará mañá venres 19 na Praia de Ladeira coas categorías alevín mixta e infantil masculina e feminina. O sábado 20 darán o salto á area os e as cadetes, xuvenís e séniors.
Gran fin de semana a que nos espera, na busca de ser o mellor equipo galego de balonmán praia. Para a cita clasificáronse 63 equipos entre todas as categorías e agardamos a mellor versión de cada un deles para gozar do noso marabilloso deporte ao seu máis alto nivel.

A continuación adxuntamos os documentos cos grupos de xogo e o calendario de competición. Moita sorte a tod@s!
You must be logged in to post a comment.