Esta fin de semana celebraranse os play-offs xuvenís (masculino e feminino) nos que os equipos participantes buscarán unha praza na Liga Ouro.
Xuvenil masculina
Na categoría xuvenil masculina son seis os grupos que se van disputar durante os días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro en Porriño, Cangas, Carballo, Pontevedra, Lalín e Culleredo. Lograrán a clasificación os primeiros de cada grupo e os catro mellores segundos.

Xuvenil feminina
Nesta categoría son catro os grupos que se van disputar en Vigo, Cangas, Porriño e Goián. Aquí logran a clasificación para a Liga Ouro os dous primeiros clasificados e os dous mellores terceiros.
