Esta fin de semana (1 e 2 de maio) chegamos ao final da competición autonómica na categoría xuvenil coa celebración da Final Four masculina en Pontevedra e a feminina en O Porriño.
A competición feminina terá lugar no Pavillón Municipal de O Porriño. O sábado pola mañá celebraranse as semifinais. O partido Calfrima Carballal – SAR Ledisson comezará ás 10:00 horas e o Balonmano Porriño – U.B. Lavadores está previsto para as 12:00 horas. Ao día seguinte celebrarase a loita polo terceiro posto (10:00) e a continuación, a gran final. Todos os partidos serán transcendentes xa que hai tres prazas en xogo para a participación na fase estatal, polo que o partido polo terceiro posto terá unha enorme importancia.
Con respecto á Final Four masculina, sinalar que se celebrará no Pavillón Municipal de Pontevedra. Aquí as semifinais serán pola tarde. Ás 17:00 horas comezará o choque A.D. Carballal – Luceros e ás 19:00 horas disputarase a outra semifinal (Cisne Balonmano Colegio los Sauces – Laber Xiria). O domingo 3 de maio, a xornada comezará ás 17:30 horas coa celebración da loita pola terceira posición (o gañador disputará a fase estatal, igual que na categoría feminina) e a continuación (19:30 horas) teremos a final, entre os gañadores das semifinais do día anterior.
Debes ser identificado introducir un comentario.