ESTAMOS PREPARÁNDONOS PARA A VOLTA

Xa falta moi pouco para que regresemos á sede da Federación Galega de Balonmán de forma física. Durante estes tres meses de confinamento pola crise sanitaria do COVID-19 levamos á oficina a casa, pero pouco a pouco as cousas están volvendo ao seu cauce, polo que na Federación Galega de Balonmán tamén queremos ir recuperando a normalidade.

Así, nestas últimas semanas estivemos facendo algúns cambios no local, reordenamos as mesas para manter as distancias de seguridade no traballo, e seguimos ultimando os detalles para poder recibirvos nos vindeiros días. Ademais atoparedes algúns cambios na decoración, coa presenza da nova imaxe da Federación no mobiliario, e algunha cousa máis na que estamos traballando.

Moi pronto volveremos vernos as caras!! Mentres, deixámosvos este adianto de como vai quedando a sede.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *