Estela Doiro e as xogadoras do Guardés Carmen Campos e Paulina Pérez, no proxecto `Obxectivo 2021´

A galega Estela Doiro (BM Málaga) e as xogadores do Mecalia Atlético Guardés Carmen Campos e Paulina Pérez, foron convocadas para participar na próxima actividade das Guerreiras `Obxectivo 2021´, que ten como obxectivo preparar a promesas do balonmán feminino español para a súa futura incorporación ao combinado nacional.

Carlos Viver, máximo responsable deste programa, citou ás xogadoras o 20 de outubro en Madrid, xa que será na capital onde se desenvolverá a totalidade da actividade, que rematará o vindeiro día 26 de outubro.

Noraboa ás nosas protagonistas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *