ESTELA DOIRO E CECILIA CACHEDA, NA PRÓXIMA ACTIVIDADE DO PROGRAMA OBXECTIVO 2021

As galegas Estela Doiro e Cecilia Cacheda forman parte da convocatoria de Carlos Viver para a primeira actividade post COVID-19 do programa «Obxectivo 2021», que se celebrará do 20 ao 26 de setembro en Granollers.

Na convocatoria de Carlos Viver destacan as dúas galegas, que fixeron un magnífico papel na Copa da Raíña celebrada a pasada fin de semana en Málaga. É máis, Estela Doiro foi a MVP da final, ademais de que logrou o título co seu equipo, Rincón Fertilidad Málaga.

Este proxecto, que arrancou en 2018, ten por obxectivo realizar un traballo específico con xogadoras que están na órbita do combinado nacional de fronte ao Campionato do Mundo de España 2021.

As xogadoras están citadas o vindeiro domingo 20 de setembro na Estación de Trens Barcelona – Sants para o seu posterior traslado ao Hotel Granollers, onde estarán concentradas ata o sábado 26. Unha semana na que a selección nacional traballará en réxime de dobre sesión no Palau D’ Esports de Granollers.

Na ligazón tedes a lista de convocadas e o plan de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *