COMEZA A COPA GALICIA MASCULINA 2019

A Copa Galicia masculina 2019 comeza hoxe 13 de agosto (20:30 horas) coa disputa na Cañiza do primeiro partido dos oitavos de final, que enfrontará ao BM Cañiza co Condes de Albarei Teucro.

Para o conxunto local este choque é histórico, xa que será a primeira vez que o Condes de Albarei Teucro visite en competición oficial a capital da comarca de Paradanta e ademais coincidirá en plena celebración da 53ª Festa do Xamón.

O día 14 de agosto disputaranse dos choques máis dos oitavos de final da Copa Galicia. No pavillón de Navia xogarán o Magope Seis do Nadal e o Acanor Novas (20:30 horas). E ás 21:00 horas, no Pavillón Municipal Manuel González Soto disputarase o partido Rodosa Balonmán Chapela – Construcciones Castro UB Lavadores.

O 15 de agosto tamén haberá dos choques. Ás 20:00 horas, en Bueu (Pavillón Pablo Herbello) xogarán o Bueu Atlético e o Carnes de Ribeiro, mentres que ás 21:00 horas disputarase no Gatañal o cruce Luceros – Calvo Xiria.

E aínda faltan tres partidos máis para completar o calendario dos oitavos de final da Copa Galicia. Así, o venres 16 o Frigoríficos do Morrazo, actualmente único equipo galego na Asobal, visitará Vigo para enfrontrase ao Granitos Ibéricos Carballal (Pavillón Municipal Loureiro, 20:30 horas).

O domingo 18 (20:00 horas) xogarase no Multiusos da Xunqueira o derbi pontevedrés Teucro B Colegio San Narciso – Cisne Colegio Los Sauces. E o luns 19 pecharanse os oitavos de final co cruce OAR Coruña – Embutidos Lalinense que se xogará no Pavillón Municipal San Francisco Javier da cidade herculina (21:00 horas).

No enlace, tedes o calendario de competición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *