Este sábado 24 de maio o balonmán ourensán vivirá unha xornada moi especial coa celebración da XLII edición da Copa Deputación de Ourense de balonmán, unha cita xa emblemática no calendario deportivo provincial. O evento disputarase no recinto feiral de ExpoOurense co apoio e colaboración da Deputación de Ourense.
A competición reunirá ós cinco clubs de balonmán que actualmente representan á provincia de Ourense, nunha xornada cargada de emoción, deportividade e espírito de convivencia. Os equipos das distintas categorías, dende a base ata sénior, enfrontaranse en diferentes formatos de competición que van dende ligas a unha volta todos contra todos, para os mais cativos, ata eliminatorias a partido único, en función do número de equipos participantes de cada categoría.
Esta nova edición das Copas Deputación servirán como escaparate do traballo, esforzo e paixón que os clubs ourensás realizan durante todo o ano.
A xornada dará comezo o sábado ás 10:00h coa competición de minibalonmán ata ás 13:45h que se levará a cabo a entrega de premios e medallas ós participantes. Na xornada de tarde participarán as categorías infantís e sénior a partir das 16:00 horas, a entrega de trofeos está prevista para ás 20:00h unha vez finalizados todos os encontros.
Unha festa do balonmán provincial
O recinto de Expourense transformarase nun espazo de encontro para xogadores, adestradores, familias e afeccionados. Espérase unha gran afluencia de público nunha xornada que, coma en anos anteriores, promete ofrecer un espectáculo deportivo e unha espléndida oportunidade para fomentar a canteira e a visibilidade do balonmán en Ourense.
Dende a Federación Galega de Balonmán, convidámosvos a todos e todas os amantes do balonmán a asistir e desfrutar desta gran festa do balonmán provincial.
Clubs participantes
Club Balonmán Miño
Club Balonmán Pabellón Ourense
Escola Balonmán Ribadavia
Club Deportivo Cultural Ribeiro
Asociación Deportiva Balonmán Carballiño

