A Federación Galega de Balonmán e a Deputación da Coruña asinaron no día de hoxe un novo convenio de colaboración para traballar de forma conxunta na promoción do balonmán na provincia, e de forma moi especial na base e no balonmán feminino.
No acto da sinatura de hoxe participaron o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, o presidente da Deputación de Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Deportes, Cristina Capelán.
Hai que recordar que a Deputación da Coruña foi clave a pasada tempada no cambio do formato da Primeira Autonómica Masculina e Feminina, ao apostar pola celebración das Final Four en Culleredo e Carballo, nun evento que destacou pola súa espectacularidade e que se converteu na gran festa do balonmán galego.
Thank you for your sharing. I am worried that I lack creative ideas. It is your article that makes me full of hope. Thank you. But, I have a question, can you help me?