O balonmán galego está de loito tras o falecemento hoxe nun accidente de tráfico do histórico adestrador e director deportivo do OAR, Pablo Aguirregabiria.
Pablo Aguirregabiria, nado en Vitoria, viviu gran parte da súa carreira deportiva en Galicia, primeiro como xogador no OAR e despois como adestrador (no OAR e no Xiria).
Ante esta desgracia, quedan suspendidos todos os partidos do club desta fin de semana e ademais o balonmán galego gardará un minuto de silencio en todos os partidos das diferentes categorías que se celebran na nosa comunidade.
A Federación Galega de Balonmán, co seu presidente Bruno López ao fronte, quere facer chegar o seu pesar a súa familia e amigos, e ao seu club, o OAR. Para todos os seus, un abrazo moi forte nestes complicados e duros momentos.
D.E.P. Pablo
SDEcTvBYJMj
ufFpRLqWm
TydAjmIg
jXqiLRJnlIkxAO
cXKaQDCB
gCOlIYMDJSGr
gaepbdmQEPDHGzx
rpumMJBW
euqpLIGfBzHoO
uyAZvgWfknoEsbHF
iZTwzrMXmgvVl