A Federación Galega de Balonmán presenta unha nova estrutura para traballar coas seleccións galegas. Luis Montes coordinará a sección masculina baixo a tutela do directivo Rubén González, mentres que Ismael Martínez fará o propio na parcela feminina con Elena Estévez á cabeza.
O pasado mércores, na sede da Federación Galega de Balonmán, tivo lugar a primeira reunión presencial da nova estrutura técnica, onde se puxeron os cimentos do proxecto deportivo para os vindeiros dous anos. Seis caras novas entre as que destacan as de Luis Montes e Ismael Martínez, que se farán cargo da coordinación da sección masculina e feminina respectivamente.
Luis Montes, actual adestrador do equipo de Primeira Nacional do Bueu Atlético Balonmán, e Ismael Martínez, adestrador do Conservas Orbe Zendal Balonmán Porriño, os dous cunha dilatada experiencia nos bancos das diferentes categorías nacionais e autonómicas, xa son coñecedores da engranaxe que impulsa ás seleccións galegas de balonmán, xa que no pasado foron seleccionadores de varios combinados galegos; neste caso, ademáis de asumir os cargos de seleccionadores das categorías xuvenil masculina e feminina, levarán o timón técnico que marcará as bases das seleccións cadetes e infantís.
Elena Estévez, directiva vinculada á Area Técnica Feminina, valoraba deste xeito o novo proxecto: «considero que estamos a dar un paso importante na parcela deportiva, tanto Luis coma Ismael están a aportar moito traballo dende o inicio, as gañas e a ilusión que traen consigo estanse a contaxiar no resto do grupo, creo que estamos a construír un equipo de traballo moi equilibrado».
Por outra banda, Rubén González comentou: «Luis e Isma teñen unha dilatada experiencia, e depois das reunión mantidas nos últimos meses sabemos que teñen moi claros os obxectivos a perseguir e os pasos a dar, creo que a división da coordinación deportiva masculina e feminina permitiranos analizar con maior detalle as necesidades máis urxentes para seguir avanzando a nivel deportivo».
Os corpos técnicos das diferentes seleccións galegas quedan configurados do seguinte xeito:
- INFANTIL FEMININA – Seleccionadora: Elena Estévez , Adestradora: Danijela Savic e Delegado: Alberto Rodríguez.
- INFANTIL MASCULINA – Seleccionador: Adrián Menduíña, Adestrador: Carlos Rodríguez e Delegado: Alejandro Seijo.
- CADETE MASCULINA – Seleccionadora: Carla Abad, Adestrador: Gerard Conill e Delegada: Nerea Bouzón.
- CADETE FEMININA – Seleccionador: José Luis Predeira «Budi», Adestrador: Paco Aguiar e Delegada: Andrea Abad.
- XUVENIL MASCULINA: Seleccionador: Luis Montes, Adestrador: David Iglesias e Delegado: Manolo Montes.
- XUVENIL FEMININA: Seleccionador: Ismael Martínez, Adestrador: Anxo Otero e Delegada: Inés Hernández.
As seleccións galegas comezarán a súa actividade esta fin de semana (1 de setembro) para chegar do mellor xeito ao CESA 2025 que se celebrará en Cataluña.
A programación das seleccións é a seguinte: