LUÍS ROZAS, SAMUEL SEIJAS E JAIME SERRANO, NA CONVOCATORIA DA XERACIÓN 2007/08

E continuamos coas convocatorias da Real Federación Española de Balonmán, nas que temos a máis galegos! Luís Rozas (BM Lalín); Samuel Seijas (BM Culleredo) e Jaime Serrano (BM Culleredo) foron chamados para participar nas Xornadas de Tecnificación da Xeración masculina 2007/08. Esta concentración celebrarase do 20 ao 27 de febreiro no CAR de Sierra Nevada (Granada).

Na seguinte ligazón, tedes a convocatoria ao completo para esta actividade, que será a primeira que se realice para esta xeración.

A traballar moito rapaces e noraboa pola chamada!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *