MAGOPE SEIS DO NADAL E RECONQUISTA DE VIGO, VENCEDORES DA FINAL FOUR DE PRIMEIRA AUTONÓMICA

Como esperabamos, a Final Four de 1ª Autonómica foi a gran festa do balonmán galego! Magope Seis do Nadal (masculino) e Reconquista de Vigo (feminino) proclamáronse onte no Grove, nun ambiente excepcional coa bancada chea de cores dos catro equipos, gañadores da Final Four de Primeira Autonómica, e lograron así a clasificación para os sectores nacionais.

Categoría masculina

Na categoría masculina houbo unha gran igualdade, e Indupor Porriño (campión galego), Culleredo e Seis do Nadal mantiveron unha fermosa loita ata a última xornada. A priori, Culleredo e Seis (segundo e terceiro, respectivamente) partían como favoritos, pero nunha Final Four todo é posible. Pero esta vez cumpríronse os prognósticos e ambos conxuntos enfrontaronse na final.

Na semifinal, o Seis do Nadal viviu un final de partido moi intenso fronte ao Hospital Capilar Poio Artai, e logrou a clasificación pola mínima. E tampouco tivo unha semifinal sinxela o Culleredo, que se enfrontou ao conxunto local, o Calmear Rasoeiro, coa bancada repleta e envorcada. Ao final, 34-31 para o conxunto coruñés.

A final de hoxe foi moi axustada e loitada, cun Seis do Nadal cheo de garra e así, cando o Culleredo parecía romper o partido ao seu favor (17-13, min. 40), o Seis reaccionou con corazón e orgullo para remontar e lograr a vitoria (21-25), o subcampeonato galego e a praza no sector nacional, onde buscarán o ascenso.

MVP: Jorge Gayo (Seis do Nadal)

Categoría feminina

Sorpresa na categoría feminina, ao lograr a clasificación para a final os dous equipos vigueses, Reconquista e Lavadores B, que eran o cuarto e quinto clasificado na Liga regular respectivamente.

Nas semifinais, o Lavadores B deu a sorpresa ao eliminar ao BM Cangas (24-26), segundo clasificado, aínda que acudiu á cita de O Grove coas importantes baixas de Laura Magdaleno e Laura Barros. E iso notouse e foi aproveitado polo xove equipo do Lavadores B. Pola súa banda, o Reconquista superou ao Samertolameu nun partido que estivo igualado ata o minuto 20, pero a partir de aí, o conxunto vigués dirixido por Miguel Sánchez tomou o mando para acadar a vitoria (23-27).

A final entre os dous conxuntos vigueses estivo igualada e moi disputada ata os minutos finais (21-22, min. 53), pero no tramo final, o Reconquista xogou con máis cabeza e experiencia para lograr a vitoria e clasificarse así para o sector nacional.

MVP: Antía Estévez (UB Lavadores B)

Fotos: Xoel Gil

18 Comments to “ MAGOPE SEIS DO NADAL E RECONQUISTA DE VIGO, VENCEDORES DA FINAL FOUR DE PRIMEIRA AUTONÓMICA”

  1. Szpiegowskie telefonu – Ukryta aplikacja śledząca, która rejestruje lokalizację, SMS-y, dźwięk rozmów, WhatsApp, Facebook, zdjęcie, kamerę, aktywność w Internecie. Najlepsze do kontroli rodzicielskiej i monitorowania pracowników. Szpiegowskie Telefonu za Darmo – Oprogramowanie Monitorujące Online.

  2. Najlepsza aplikacja do kontroli rodzicielskiej, aby chronić swoje dzieci – potajemnie tajny monitor GPS, SMS-y, połączenia, WhatsApp, Facebook, lokalizacja. Możesz zdalnie monitorować aktywność telefonu komórkowego po pobraniu i zainstalowaniu apk na telefonie docelowym.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *