NICOLÁS GIRÁLDEZ E SAMU SEIJAS, CONVOCADOS CO EQUIPO NACIONAL PROMESAS PARA O IV NACIÓNS

Os xogadores galegos Samuel Seijas (BM Culleredo) e Nicolás Giráldez (BM Porriño) foron convocados para formar parte do equipo nacional promesas masculino que disputará o Torneo Internacional IV Nacións do 13 ao 18 de decembro en Toledo.

A Xeración 2006/07 estréase a nivel internacional ás ordes de Daniel Sánchez-Nieves nun torneo que medirá ao combinado español coas seleccións de Francia, Portugal e Eslovaquia. Os xogadores están convocados o día 13 de decembro en Madrid, desde onde partirán cara a Toledo para adestrar en sesións de mañá e tarde.

A continuación tedes a convocatoria así como o plan de traballo e o calendario da competición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *