ALICIA FERNÁNDEZ: “O PRINCIPAL OBXECTIVO NO MUNDIAL É LOGRAR A CLASIFICACIÓN PARA O PREOLÍMPICO”

A galega Alicia Fernández (HCM Ramnicu Valcea) forma parte da convocatoria de Carlos Viver para enfrontar o Campionato do Mundo de Xapón, que se disputará do 30 de novembro ao 15 de decembro. Será o seu primeiro Mundial e unha cita fundamental, xa que as Guerreiras queren seguir loitando por unha Praza nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. O campión do Mundial logrará unha praza olímpica directa para Tokio e ademais outorga 6 plazas para os preolímpicos.

«Vou tentar achegar todo o que poida ao grupo»

Como está a nosa deportista? Como enfronta este gran reto? So ela pode despexar as dúbidas e así, nos responde.

Que sentiches ao coñecer a convocatoria?

Sempre é unha alegría contar coa chamada da selección e máis aínda para unha cita tan importante. A Federación está a traballar cun grupo amplo de xogadoras e creo que iso é algo positivo para o rendemento da selección. Está convocatoria é un premio ao traballo que estamos a realizar e esperamos cumprir cos obxectivos.

Como enfrontas o reto?

  Persoalmente afrontou este reto con ilusión. É o meu primeiro mundial e vou con moitas ganas de traballar, gozar e tentar achegar todo o que poida ao grupo.

Como ves ao equipo?

O grupo está moi motivado e con moitas ganas de que chegue esta cita, sabemos da importancia que ten este Mundial. Todas estivemos traballando nos nosos equipos para chegar nas mellores condicións. Recuperamos a xogadoras importantes e creo que temos un  grupo equilibrado, cunha mestura de experiencia e mocidade coa que, con moito traballo,  podemos conseguir os obxectivos.

Cal é o obxectivo neste Mundial? 

  O principal obxectivo debe ser obter unha das prazas que dá opción a xogar o  preolímpico. Esta cita é moi importante, primeiro por tratarse dun Mundial e tamén por ser a última cita que pode clasificarnos para os xogos Olímpicos, que debe ser un claro obxectivo para a selección. E a partir de aí, creo que sempre hai que mirar cara arriba ,  competir e tentar  chegar o máis lonxe posible.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *