MANU PÉREZ, CONCENTRADO COA SELECCIÓN ESPAÑOLA XUVENIL MASCULINA DA AREA

O xogador Manu Pérez (Veba os Da) foi convocado para realizar unha concentración coa selección española de balonmán praia xuvenil masculina en Antequera do 25 ao 29 de maio. Esta actividade ten o obxectivo prioritario de  seguir avanzando na posta a punto cara o Campionato del Mundo 2022, que se disputará do 14 ao 19 de xuño en Heraklion (Grecia).

Ademais, sinalar que as Guerreiras da area tamén continúan coa súa preparación para o Mundial, que se disputará en Grecia do 21 ao 26 de xuño. A adestradora galega Ana Alonso tamén participará nesta actividade, que se celebrará do 30 de maio ao 10 de xuño en Antequera, xa que forma parte do corpo técnico dirixido polo seleccionador Juan Pablo Morillo.

Noraboa!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *