A SELECCIÓN GALEGA FEMININA ABSOLUTA, TERCEIRA NO TORNEO IV NACIÓNS

Galicia acadou a tercera posición no IV Nacións que se disputou esta fin de semana en Girona, tras superar á Comunidade Valenciana nun  partido que foi dominado de principio a fin polas galegas.

Na primeira metade o combinado dirixido por Anxo Otero foi moi superior, chegando a alcanzar diferenzas de oito goles a favor, pero nos minutos previos ao descanso, Valencia logrou recortar para chegar ao final dos 30 primeiros minutos só tres goles abaixo (17-14). A segunda metade estivo más axustada, pero foi sempre dominada por Galicia que non perdeu o mando no marcador en ningún momento.

GALICIA, 28- 24, COMUNIDADE VALENCIANA

28. GALICIA: Lidia Portela, Sandra López (6),  Lorena Pérez (5), Carla Rivas (1), Anastasija Doder (3), Carmen Prelchi (3), Laura Morais (2), María Pereira (5), Ana Isabel Gil (1), Adriana Mallo, Sabela Miniño (1), Laura Rúa (1), María Álvarez, Begoña Otero.

24. COMUNIDADE VALENCIANA: Lucía Téllez, Andrea Salvador, Carla López, Alba Segura, Laia Chiva (1), Mónica Jiménez, Ángela López (2), Eider Poles (3), Lidia Maestre (2), Yasmina, Alondra Bivolaru (6), Lucía Prades, Lara Esquer (3), Paula Perelles (1), Lorena Zarco (3), Raquel Romero (3).

ÁRBITROS: Libertad Martínez e Cristina Martín. Excluíron dous minutos a Doder (2), Prelchi, Laura Morais y Ana Isabel Gil (Galicia).

PARCIAIS: 3-2, 5-3, 7-3, 11-5, 14-6, 14-10 (descanso), 17-14, 20-17, 21-20, 24-22, 26-23, 28-24 (final).

INCIDENCIAS: Loita polo terceiro posto no Torneo IV Nacións que se disputou este ano no Pavelló La Draga de  Girona.

Semifinal

Na semifinal disputada o sábado, Galicia caeu con claridade ante Catalunya, un equipo cheo de xogadoras da Liga Guerreiras Iberdrola. E a pesar diso, as galaicas plantaron cara durante corenta minutos e so, no tramo final, as locais lograron impoñer o seu ritmo e romper o partido ao seu favor.

CATALUNYA, 34 – 22, GALICIA

34. CATALUNYA: Ona Vegue (6), Julia Clasca (2), Martina Capdevila (1), Carreras (2), Ainhoa Riera (1), Sara Moles (4), Paula Martín (1), Marta Barbeito (3), Ekaterina, Marta Mera, Marcel La Esquerra (2), Paula Plana (3), Nicole Morales, María Monllor (6), Carla Robles (3).

22. GALICIA: Sabela Miniño (1), Lorena Pérez, Carmen Prelchi (4), Ana Isabel Gil (3), Carla Rivas (2), María Álvarez, Laura Morais (1), María Pereira (2), Adriana Mallo, Laura Rúa (2), Begoña Otero, Sandra López (3), Anastasija Doder (4), Lidia Portela.

ÁRBITROS: Xavier Martínez E Joan Mayor. Excluíron dous minutos a Carla Rivas.

PARCIAIS: 2-0, 6-2, 7-4, 9-6, 12-10, 14-12 (descanso), 15-15, 21-18, 24-20, 27-20, 32-21, 34-22 (final).

INCIDENCIAS: Primeira semifinal do Torneo IV Nacións. Pavelló La Draga de Girona.

Hai que recordar que Galicia acudía a este torneo cun equipo moi novo (só tres das xogadoras teñen máis de 25 anos), xa que houbo moitas baixas por lesións, enfermidades, estudos ou traballo. Galicia volvía xogar o IV Nacións tres anos despois, xa que a pandemia da COVID impediu a celebración do evento nos anos 2020 e 21.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *