O domingo 12 de xuño celebrarase no salón de actos do Edificio das Federacións Deportivas (R./ Luis Ksado, 17 – Vigo) a asemblea ordinaria da Federación Galega de Balonmán, á que se poderá asistir de xeito presencial ou telemático. A asemblea está convocada ás 15:30 horas (1ª convocatoria) e ás 16:00 horas, en segunda.
A continuación tedes a orde do día:
ORDE DO DÍA
- Saúda do Presidente
- Informe dos acordos adoptados na Asemblea da RFEBM.
- Análise e datos relevantes da tempada 2021/2022
- Seguro deportivo.
- Informe económico: Aprobación contas 2021
- Propostas presentadas.
- Rogos e preguntas.
A continuación, tedes o documento para autorizar a representación na asemblea.
Debes ser identificado introducir un comentario.