CONVOCATORIAS DAS SELECCIÓNS GALEGAS PARA O TORNEO GALICIA-SALNÉS

As seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina) participarán esta fin de semana na oitava edición do Torneo Galicia-Salnés  «Xuntos contra a Violencia de Xénero». Será un interesante test cara ao Campionato de España de Seleccións Territorias que se celebrará a comezos do ano en Cantabria.

Xa coñecemos as convocatorias das nos seleccións para este torneo, que podedes consultar nos seguintes enlaces. Ademais todas e todos os xogadores non deben esquecer presentarse ao primeiro adestramento coa  documentación que a continuación se detalla:

1- Autorización paterna/materna e relación de alerxias firmada polos pais/nais.

2- Tarxeta sanitaria.

3- DNI en vigor (orixinal)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *