VÉMONOS O 3 DE XANEIRO!

A sede da Federación Galega de Balonmán permanecerá pechada dende mañá 30 de decembro ata o 3 de xaneiro. Mañá será para todos os traballadores e traballadoras da Federación unha xornada moi emotiva xa que imos despedir a nosa compañeira Mariluz Sanromán, que nos deixa despois de máis de 40 anos traballando na federación. Así que mañá dedicaremos o día a Mariluz e non poderemos atendervos de forma física, pero se hai algo urxente que necesitedes solucionar, podedes enviarnos un correo electrónico  e responderemos o antes posible.

Iso si, non esquezades que mañá xoves (21:30 horas, canle de youtube e facebook) tedes unha cita co De Volta e Media, no que faremos un repaso ao All Star, falaremos do CESA e algunha sorpresa máis.

Recordade que volveremos o luns 3 de xaneiro, co novo ano, no horario habitual e preparados para afrontar o 2022.

Así que… Feliz Aninovo a toda a familia do balonmán galego! Vémonos no 2022!

1 Comment to “ VÉMONOS O 3 DE XANEIRO!”

  1. Thank you for your sharing. I am worried that I lack creative ideas. It is your article that makes me full of hope. Thank you. But, I have a question, can you help me?

Debes ser identificado introducir un comentario.