LOITO NO BALONMÁN GALEGO POLO FALECEMENTO DE BEGOÑA PEDRIDO

O balonmán galego está de loito polo falecemento de Begoña Pedrido, adestradora e membro do colectivo arbitral durante máis de dúas décadas.

Begoña, de 41 anos, faleceu no día de hoxe despois dunha longa enfermidade. Os seus restos mortais estarán a partir de mañá na sala 6 do tanatorio Vigo Memorial.

A Federación Galega de Balonmán, co seu presidente Bruno López ao fronte, quere facer chegar o seu pesar a súa familia e de forma moi especial ao seu pai, Jesús Pedrido, traballador incansable durante moitos anos nesta federación a prol da arbitraxe galega. Para todos os seus, un abrazo moi forte nestes complicados e duros momentos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *