O BALONMÁN LORIGA ACADA O ASCENSO A PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA

O Balonmán Loriga acadou hoxe o ascenso á máxima categoría do balonmán galego. O club de Lalín logrou o triunfo na Final Four de 2ª Autonómica Masculina celebrada esta fin de semana no Pavillón Municipal de Lalín. Na final, o Loriga superou ao BM Línea 21 Lignum Plus nun axustado e fermoso partido que se decidiu nos intres finais.

Foi unha Final Four chea de emoción, nervios e tamén balonmán de calidade. O Loriga (cuarto clasificado na Liga) superou na semifinal ao BM Narón (27-36), mentres que o Línea 21 venceu ao Lavadores B (39-24). O conxunto coruñés chegaba a este decisivo encontro como segundo clasificado liguero, pero todo se ía resolver en 60 minutos na pista do Municipal de Lalín, cunha bancada chea ata a bandeira.

E así o partido foi discurrindo tremendamente igualado, sobre todo la primeira metade. Ao descanso, 15-15. Na segunda parte, saíu mellor o Línea 21, que logrou escaparse tres goles arriba (18-15, min. 37). O Loriga reaccionou a base dunha gran defensa e logrou darlle a volta ao marcador e chegar aos últimos segundos con dous goles de vantaxe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *