A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer as sedes das fase de sector do Campionato de España Xuvenil Feminino e Masculino, entre as que figuran dúas localidades galegas: O Porriño na categoría feminina e Pontevedra, na masculina. As fases disputaranse a fin de semana do 14 , 15 e 16 de maio.
Xuvenil feminino

Na categoría feminina, O Porriño acollerá o sector A no que se enfrontarán Balonmán Porriño, Oviedo Feminino, Aiala ZKE e Moya Tilover. O Calfrima Carballal ten que viaxar a Etxebarri para formar parte do grupo C xunto a Sareteknika Kukullaga Etxebarri, Maravillas Benalmádena e Beti-Onak. E por último, a saída máis complicada para o UB Lavadores, que forma parte do sector H, que se disputará en Telde e onde se enfrontararán a Balonmano Rocasa, Balonmano Sanse e Sant Vicenç.
Xuvenil masculino

O sector A disputarase en Pontevedra con Cisne Colegio Los Sauces, Finetwork Gijón, Bidasoa Irún e ABANCA Ademar como protagonistas. No grupo B, en Pamplona, participará o Laber Xiria, que xogará contra Anaitasuna ‘A’, KH-7 Granollers Sporting e Balonmano Leganés. E por último sinalar que o Luceros participará no sector D, que se celebrará en Granollers, e aí enfrontarase a KH-7 Granollers, HV Eivissa e Balonmano Rocasa.
Moita sorte a todos os nosos equipos!!
You must be logged in to post a comment.