O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE CLAUSURA O MASTER COACH

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, clausurou hoxe o terceiro módulo do Master Coach, que se celebrou ao longo desta semana en Pontevedra.

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva foi a sede, do 8 ao 12 de xullo, deste curso da Escola de Adestradores, no que tivemos a personalidades do mundo do balonmán como Zupo Equisoain, Juan Carlos Zapardiel, Francisco Sánchez, J J. Espina Agulló, Unai Arrieta ou Mario Bernardes.

Este curso celebrouse en Galicia, nunha acción encadrada dentro das actividades do Mundial Júnior, grazas a colaboración da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, sempre volcada na formación. No acto de clausura tamén participou a vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán, Alicia Montes.

Debes ser identificado introducir un comentario.