O torneo clasificatorio Arena 1000 deu o pistoletazo de saída á tempada de balonmán praia 2025 coa súa celebración do 12 ao 15 de xuño na Praia Banda do Río, en Bueu, converténdose no primeiro gran evento do calendario estival desta modalidade en Galicia.
Esta competición serviu como proba clasificatoria para o Arena 1000 de Sanxenxo, unha competición de ámbito nacional que se celebrará do 4 ao 6 de xullo na Praia de Silgar (Sanxenxo), e na que se darán cita os mellores equipos do panorama estatal.
Durante catro intensas xornadas de competición, os equipos participantes disputaron encontros nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior, tanto en categoría masculina como feminina, ofrecendo un alto nivel deportivo, partidos moi igualados e un excelente ambiente tanto nas pistas como no entorno do evento.
EQUIPOS CLASIFICADOS PARA O ARENA 1000 DE SANXENXO
Os equipos que acadaron a clasificación para o Arena 1000 de Sanxenxo foron os seguintes:
INFANTIL FEMININA
- Area Bon Bueu
- Petanca
INFANTIL MASCULINA
- Area Bueu Portomaior
- Luceros A
CADETE FEMININA
- Anubia Petanca
- BMP Pescados
CADETE MASCULINA
- Veba A Jradiña Iberport CM
- Magaluf Petanca
XUVENIL FEMININA
- Veba Lemurs Dos Chata
- BMP Painkillers También
XUVENIL MASCULINA
- Area Bueu
- BMP Painkillers
SÉNIOR FEMININA
- Ac Kaló Painkillers
- Coversun Area Bueu
SÉNIOR MASCULINA
- Club BMP PTV
- Area Bueu
Este torneo clasificatorio confirmou o bo momento que vive o balonmán praia galego, cunha ampla participación de equipos, un alto nivel competitivo e unha excelente resposta tanto de deportistas como de público asistente.
Desde a Federación Galega de Balonmán queremos agradecer especialmente a colaboración da Deputación de Pontevedra, cuxo apoio resulta fundamental para a celebración deste tipo de eventos, contribuíndo á promoción do deporte, á dinamización dos areais da provincia e ao crecemento do balonmán praia en Galicia.
Tras esta primeira cita da tempada, os equipos clasificados xa teñen a vista posta no Arena 1000 de Sanxenxo, onde competirán por seguir facendo historia nunha das probas máis destacadas do circuíto nacional de balonmán praia.









