OS CLUBS GALEGOS TERAN IMPORTANTES VANTAXES NO BANCO SANTANDER

O BANCO SANTANDER E A UNIÓN DE FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS (UFEDEGA ASINARON UN ACORDO PARA DAR SOLUCIÓNS FINANCIEIRAS ÁS DEMANDAS DE CLUBS E FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS

Clubs e entidades deportivas adscritas ás Federacións Deportivas Galegas terán acceso a condicións preferentes en produtos e servizos.

Este martes 19 de marzo, na sede da Real Federación Galega de Fútbol, tivo lugar a firma do acordo entre Ufedega e o Banco Santander polos representantes de ambas entidades: Rafael Louzán, presidente de Ufedega; e Luis Pernas e Avelino Carballo, director da Banca Institucional e director de Empresas de Galicia do banco. A este encontro tamén asistiron Bruno López, vicepresidente daUfedega, Julio Bernárdez, secretario da Ufedega, e os vogais Óscar Lafuente e Alfredo Bea, así como Francisco Fernández director de negocio adquirinte GetNet do banco.

Con este novo convenio, todas as Federacións Deportivas Galegas asociadas a Ufedega e os clubs deportivos galegos que dependan de estas federacións deportivas poderán beneficiarse dunha amplía oferta de produtos e servizos de pasivo do Banco Santander.

Entre estes produtos que oferta a entidade bancaria, encóntranse beneficios en contas bancarias, cobros e medios de pago (TPV, pasarela de pagos e Bizum). As Federacións ou clubs interesados poderán informarse dos detalles de cada produto ofertado a través da Ufedega.

De esta forma a Unión de Federacións Deportivas Galegas da solución a unhas das demandas que viñan expoñendo as entidades deportivas.

A Federación Galega de Balonmán, fará chegar a información aos seus clubs nas videiras horas, para que os que o consideren, se poidan beneficiar das vantaxes do acordo.