OS DÍAS 12 E 13 DE MAIO CELEBRARASE O OPEN 5×5 CONCELLO DE SANTA COMBA DE BALONMÁN NA RÚA

Mañá e pasado (12 e 13 de maio) celebrarase o Open 5×5 Concello de Santa Comba de Balonmán na Rúa, unha competición que ten como obxectivo prioritario promocionar o noso deporte.

Esta actividade vai dirixida aos nenos e nenas de terceiro a sexto de Primaria (categorías alevín e infantil) e todos os pequenos/as que se acheguen ata a Praza do Mercado de Santa Comba van desfrutar dunha xornada divertida, no que coñecerán o balonmán dunha forma lúdica. Serán unhas xornadas de portas abertas nas que os rapaces e rapazas poderán achegarse ao balonmán xunto a adestradores/as cualificados, que ademais de explicarlle as normas básicas do balonmán, falarán sobre os valores do deporte e a importancia de respectar ao rival e recordar que só é un xogo.

Hoxe tivo lugar, na Casa Consistorial de Santa Comba, a presentación do torneo que se celebrará os días 12 e 13 de maio na Praza do Mercado. No acto estiveron presentes a alcaldesa María Posse; a concelleira de Deportes Silvia Cancela; o presidente da Federación Galega de Balonmán Bruno López; e representantes do club Xallas, que colaborará na organización do evento.

O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, agradeceu tanto o apoio do Concello, como do club Xallas, para seguir adiante con esta tarefa de levar o balonmán a todos os rincóns de Galicia, que asumiu como fundamental cando se puxo ao fronte da Federación Galega. Grazas a colaboración do Concello, cada participante recibirá unha camiseta conmemorativa do evento e ao remate do mesmo haberá medallas para todos os participantes.

553 Comments to “ OS DÍAS 12 E 13 DE MAIO CELEBRARASE O OPEN 5×5 CONCELLO DE SANTA COMBA DE BALONMÁN NA RÚA”

  1. There are certainly quite a lot of details like that to take into consideration. That is a nice level to carry up. I offer the thoughts above as general inspiration but clearly there are questions like the one you deliver up where crucial thing might be working in trustworthy good faith. I don?t know if finest practices have emerged around things like that, however I am certain that your job is clearly recognized as a good game. Both girls and boys feel the impact of just a second’s pleasure, for the rest of their lives.

  2. wonderful post, very informative. I wonder why the other specialists of this sector don’t notice this. You should continue your writing. I am sure, you have a great readers’ base already!

  3. Wonderful blog! Do you have any tips for aspiring writers? I’m planning to start my own site soon but I’m a little lost on everything. Would you propose starting with a free platform like WordPress or go for a paid option? There are so many choices out there that I’m totally confused .. Any recommendations? Bless you!

Debes ser identificado introducir un comentario.