PABLO GONZÁLEZ E CARLOS ÁLVAREZ, CONVOCADOS COS HISPANOS JÚNIOR PARA O 3 NACIÓNS EN FRANCIA

Os xogadores do Cisne Colexio Los Sauces Pablo González e Carlos Álvarez foron convocados polo seleccionador dos Hispanos Júnior, Rodrigo Reñones, para a disputa do 3 Nacións en Francia do 17 ao 19 de marzo. Ademais, no corpo técnico da selección júnior tamén está o adestrador do Frigoríficos do Morrazo BM Cangas, Nacho Moyano.

Os xogadores convocados están citados o domingo 13 de marzo no aeroporto de Bilbao, para desde alí desprazarse en autobús ata Irún, lugar onde adestrarán en sesións de mañá e tarde ata o mércores 16. Ese día, a expedición española viaxará ata Pessac (Francia) para o 3 Nacións. O xoves 17 enfrontaranse a Francia, e o venres 18, a Portugal.

Noraboa rapaces!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *