PONTEDEUME ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A COPA 5×5 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Pontedeume acolle esta fin de semana a terceira proba da “Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na rúa”, despois das realizadas en Carballo e Cerceda, cun gran éxito. A Copa 5×5, promovida pola Deputación e organizada pola Federación Galega de Balonmán, leva o balonmán a sete municipios da provincia da Coruña, nun proxecto dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos, que se achegarán ao noso deporte dunha forma lúdica e divertida.

A competición de Pontedeume, que se celebrará na pista polideportiva do CEIP Couceiro Freijomil, comezará mañá venres (a partir das 16:30 horas), contará con 24 equipos (12 na categoría benxamín e 12 alevín) e preto de 200 rapaces e rapazas, que xogarán nunha pista de mini-balonmán ao aire libre con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as. A pista conta con marcador electrónico, megafonía e speaker.

Os equipos participantes deberán ter un mínimo de 5 integrantes, ademais dun/ha responsable de máis de 16 anos. Todas e todos os participantes recibirán unha equipación conmemorativa e os dous primeiros clasificados de cada proba en cada categoría recibirán un trofeo e medallas para todos os integrantes do equipo.

A Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na Rúa conta con sete probas clasificatorias, nas que houbo algún cambio, ao non adaptarse o lugar proposto as necesidades da montaxe do evento. Desta forma, a Copa 5×5 xa pasou por  Carballo e Cerceda, e agora desprazarase ata Pontedeume. Culleredo, Ribeira e Ferrol) e a gran final, que se disputará en Camariñas, coa participación dos seis campións das probas anteriores.

7.674 Comments to “ PONTEDEUME ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A COPA 5×5 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

  1. darknet markets onion address darknet sites darkmarket 2024

  2. deep web drug links blackweb darknet markets url

  3. tor markets https://darknet-marketspro.com/ – black internet darknet search engine

  4. dark web drug marketplace deep web drug links darknet markets links

Debes ser identificado introducir un comentario.